Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Cine do Mar”: “Cambio Climático” no Museo Torres e Mesa redonda sobre “Presente e Futuro do Marisqueo” na Biblioteca, na programación de hoxe

Carriola.Redacción 26.06.25

julio@carriola.es

Con moito interés estase desenrolando a segunda edición do “Festival Cine do Mar” que organiza o Museo do Mar de Marín cunha intensa prograiación cultural centrada no mar, os seus oficios e a súa realidade, relacionada con filmacións que se ofrecen aos asistentes nos distintos espazos contemplados no programa.

No mediodía de hoxe, de 12 a 13,30, no Museo Torres tratarase a sección “Cambio Climático” e xa pola tarde, na Biblioteca Vidal Pazos, as 18.00 horas, nova mesa redonda sobre “Presente e futuro do marisqueo” coa intervención de Rosa Costoya, Beatriz del Río, Luisa Lago, Carmen Cortegoso, Pilar Portela e María Jesús Martínez, acto que contiuará coa sección oficial con distintas proxeccións de gran interès finalizando a xornada coa “sección golfa” que se iniciará ás 2230 horas con máis proxeccións  na denominaa “Sección Patagonia”.

A Pesca Sostible

Entre os actos de onte cabe destacar a mesa redonda na que interviron Merce Silva e Rogelio Santos mariñeiros ambos que levan tempo desenrolando un labor importantísimo de divulgación de boas prácticas no oficio da pesca con respecto ás especies e a o medioambiente en xeral na defensa dun futuro sostible. Ambos intervintes, moi coñecidos polos vídeos que suben ás redes, explicaron tanto ás dificultades do traballo como é necesidade da concienciación entre a xente dos oficios do mar.

Posteriormente tivo lugar a sección do Ensino proxectándose os traballos presentados e preseleccionados co concurso escolar  correspondentes a sete centros de diversas localidades.

Exposición do Certame de Fotografía

Cabe sinalar que, durante esdta semana permaneceras expostas na planta baixa do Concello as fotografías preseleccionadas e finalistas do concurso “I Certame de fotografía do Mar” de entre as que quedou elixida unha delas que se convirteu na imaxe da semana de cine. A mostra pode ser visitada mentres permanece aberto ao público o edificio do Concello.

roslev