Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A QUEIXA DE HOXE: Ruidos das obras en Av. de Ourense

Carriola.Redacción 27.06.25

julio@carriola.es

Desde o Movemento SUMAR-Galicia chéganos unha denuncia de “Falta de sensibilidade do concello de Marín cosas obras da Avenida de Ourense” co seguinte texto:

Movemento Sumar Galicia en Pontevedra ven de denunciar públicamente as molestias que están a sufrir as veciñas e veciños da Avenida de Ourense no concello de Marín como consecuencia das obras nocturnas levadas a cabo polo propio consistorio.

Dende o pasado 22 de xuño as 22.000 horas, as persoas residentes na zona están a padecer importantes incomodidades debido aos traballos  de rehabilitación da calzada realizados durante a noite. En eventos anteriores como nas festas do Carme, o concello tería demostrado que é posible aplicar unha derivación do tráfico que permite o corte deste tramo da avenida, posibilitando así a execución das obras en horario diurno e reducindo significativamente o impacto acústico sobre a veciñanza.

Denunciamos que, a pesar das queixas presentadas polos veciños ante a Policía Local polos excesivos  niveis de ruído, os traballos  continúan realizándose entre as 22.00 e as 07.00 horas incluindo actuacións altamente molestas como o picado do firme, a retirada de entullos ou o asfaltado. Esta situación estaría a impedir o descanso das persoas que habitan nos edificios próximos con familias con crianzas, persoas maiores e persoas traballadoras ás que se lles fai imposible o descanso o que está a demostrar unha absoluta falta de sensibilidade e coidado por parte do concello que atenta contra o màis elemental dereito ao descanso

Este partido ven de esixir ao concello a modificación inmediata do horario destas obras de humanización, trasladándoas á franxa diurna coa finalidade de garantir un descanso digno e sen interrupcións ás persoas afectadas”

roslev