Carriola.Redacción 28.06.25
julio@carriola.es
Toca o fin do “II Festival Cine do Mar” cunha intensa programación hoxe que se iniciará ben cedo coa viaxe a Tambo e, pola tarde, o acto de clausura coa entrega de premios do festival que terá lugar na Biblioteca Pública. Pero aínda quedará para o domingo a xuntanza de embarcacións tradicionais que de 10.00 a 19.00 horas concentraranse na dársena recentemente remodelada do porto
Un centenar de persoas viaxarán hoxe desde o Paseo Marítimo Blanco Solla ata a Illa de Ons como un acto máis da magnífica programación da segunda edición do “Cine Do Mar” organizado polo Museo do Mar de Marín co apoio do concello e outras entidades. A saída será ás nove horas e os asistentes permanecerán na vecina illa ata as tres menos cuarto, momento en que se prevé o retorno.
Pero aínda restan varios actos para culminar esta edición do cada ano máis importante festival de cine porque, ás sete e media da tarde, farase entrega dos premios contidos no mesmo como son “I Certamen de Fotografía do Mar”; “Sardiña de Ouro” ; “Polbo de Ouro” e “Rodaballo de Ouro”, acto que culminará coa proxección das obras premiadas en cada caso.
Cine na rúa: O Corno, e barcos tradicionais
Ás 22.00 horas terá lugar a última “sesión golfa”, verdadeiro broche de ouro da programación de cine xa que, no Parque Azul, será proxectada ao aire libre a película “O Corno”, de Jaione Camborda, co que quedará definitivamente pechado o programa de proxeccións ainda que no así os actos paralelos que terán mañá domingo a “Xuntanza Mariñeira”, de embarcacións tradicionáis que entrarán na

dársena portuaira, recentemente remodelada, permanecendo nela para disfrute dos curiosos ata a tardiña. Trátase de barcos tradicionais chegados de prácticamente todos os portos da ría, e algún de fora dela, que conforman unha asociación empeñada en manter vivo o sabor tradicional mariñeiro con estas embarcacións que noutros tempos foron vitais para a pesca e para os homes que a ela se adicaron.
Showcooking do Chef Marcos S.Area
A xornada de onte contivo unha intensa programación de proxeccións de películas contidas no programa e proxectadas na Biblioteca pública entre as cinco da tarde e máis alá do medianoite coan “Sección Golfa”.

Pero especial mención merece o denominado “Showcooking” do Chef Marcos S,Area, no Restaurante “É” de relativamente recente apertura no Calexón Solla (moi próximo á Bibliotaca Pública), que resultou todo un acontecemento cun grupo de numerosa participación que aprendeu, da mán do Chef Marcos S. Area, preparacións gastronómicas de productos do mar coa

degustación dos mesmos, unha actividade que, incrustada no programa do festival tivo notable relevancia y aceptación.
Importante xornada a de hoxe sobre todo porque, os participantes no cetamen de cine do mar, coñecerán quen son os gañadores dos premios antes mancionados.