Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia o mal estado das plataformas dos Petróglifos de Mogor

Carriola.Lucía Santos Omil (*) 29.06.25

julio@carriola.es

Lucía Santos Omil

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou, no pleno municipal celebrado o pasado 12 de xuño, o lamentábel estado no que se atopan as plataformas para observar os petróglifos de Mogor, concretamente ao acceso ao maior conxunto de gravados, a Laxe dos Mouros, onde se poden ver vintetrés combinacións circulares e multitude de cazoletas.

Os petróglifos de Mogor son unha das mostras máis destacadas da arte rupestre de Galiza, un símbolo de Marín que resulta de visita obrigada para calquera que visita o noso concello.

Estamos xa en verán, que é cando se achega o maior número de persoas aos petróglifos de Mogor, e resulta totalmente inaceptable que un elemento etnográfico de tal valor se atope nesta situación, e que o goberno municipal non leve a cabo un mantemento da contorna para a súa posta en valor.

As plataformas de madeira que serven de acceso para a observación dos petróglifos está podre, con táboas que se afunden e que resultan un perigo para quen queira achegarse.e entendermos que, a falta de mantemento dos espazos públicos que corresponde ao goberno municipal, está sendo moi grave. A denuncia por deterioro nas áreas municipais está sendo constante e isto non só afecta á imaxe de Marín, senón que tamén supón un risco para a seguridade e benestar da cidadanía

É responsabilidade do concello garantir que os espazos públicos se manteñan en condicións idóneas para o seu uso, e o goberno do Partido Popular leva moito tempo desatendendo esta función, creando un problema de falta de limpeza e deterioro das instalacións e mobiliario urbano.

(*) Lucía Santos Omil , Portavoz Municipal do BNG de Marín

 

roslev