Carriola.Redacción 30.06.25
julio@carriola.es
O Club de Remo Ría de Marín participou esta fin de semana no campionato galego de remo olímpico para alevíns, infantís e veteranos no que acadou 5 metais, cos seguintes resultados:

2x Alevín Masculino , Johel Bangueses e Xabi Mowbray : ouro

1x Infantil Masculino, Gorka Ribadulla: ouro
2x Infantil Masculino, Alejandro Estebanez e Breogán Gutiérrez: prata

2x Infantil Mixto, Saleta Fariña e Rubén Sobral : 2ª posición
2x Infantil Masculino, Carlos Dopazo e Martín García : 5ª posición

1x Veterano Femenino, Pilar Vázquez: prata
1x Veternao Masculino,Francisco López: 5ª posición
2x Veterano Mixto, Pilar Vázquez, Francisco López: prata
2x Veterano Masculino, Antonio Rosales e Benito Fernández: 6ª posición
Péchase así a tempada autonómica, so a espera do Campionato de España que se celebrará o vindeiro fin de semana.
Curso de remo gratuito no verán
Para todos aqueles que queiran vir a probar o remo recordamos que as inscripcións do curso de verán están abertas, trátase dun curso graturito con preferencia para empadronados en Marín e arredores, e que os únicos requisitos para poder iniciarse son
* Saber nadar e
* Ter oito ou máis anos.
As inscricións poden facerse no teléfono 669957267.