Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O sendeiro “accesible” na praia de Mogor é unha tomadura de pelo

Carriola.Davinia Lojo(*) 02.07.25

julio@carriola.es

No Bloque Nacionalista Galego (BNG) consideramos inadmisible a forma na que o goberno municipal do PP deu resposta á moción aprobada en maio para mellorar a accesibilidade nas praias de Marín. A proposta, que xa fora presentada polo BNG o ano pasado sen obter resposta, volveuse levar ao pleno este ano e foi finalmente aprobada por unanimidade, comprometéndose o executivo local a comezar as actuacións na praia de Mogor.

Davinia Lojo

Con todo, o BNG considera que o resultado da intervención é unha tomadura de pelo e poñemos en dúbida que algún membro do goberno municipal comprobase o resultado da instalación, xa que calquera persoa que se achegue á praia de Mogor pode ver que a pasarela representa un perigo para as persoas usuarias.

Apasarela foi colocada xunto a un regato de auga, xerando un desnivel que fai imposible o acceso á auga a calquera persoa que se desprace en cadeira de rodas. Ademais, debido á súa ubicación, a auga arrastra a area e deixa parte da estrutura suspendida no aire, sen base, o que a converte nun elemento inaccesible.

A isto súmase que os ancoraxes situados ao final da pasarela sobresaen varios centímetros sobre o terreo, o que supón un risco evidente de tropezos para quen camiña pola beira da praia.

Desde o BNG critícamos tamén a declaración do PP asegurando que este ano Mogor substitúe a Portocelo como praia accesible”. Para Lojo, esta afirmación evidencia a falta de sensibilidade do goberno de María Ramallo para avanzar cara a unha accesibilidade real nos espazos públicos.

A accesibilidade universal é a condición que deben cumprir os entornos, procesos, bens, produtos e servizos para que todas as persoas poidan facer uso deles en condicións de seguridade, comodidade e autonomíae e, as actuacións que vén realizando o goberno do PP nas praias de Marín, están moi lonxe de acadar esa accesibilidade”.

Por outra banda está o estado da senda de acceso á praia de Portocelo, que se atopa en situación de abandono por falta de mantemento. Resulta difícil de entender que se espere á chegada do verán para decidir a súa rehabilitación”, apuntan.

En canto á pasarela instalada en Mogor, non ten nada que ver coa proposta aprobada, que incluía a instalación de pasarelas fixas de material antiescorregadizo e con zona de sombra reservada para persoas con mobilidade reducida.

O grupo municipal nacionalista convida á alcaldesa e ás concelleiras e concelleiros do PP a que se acheguen á praia para comprobar por eles mesmos o resultado da intervención e, se xa o fixeron, que consulten con algunha persoa con mobilidade reducida se esta senda lles permite acceder á praia con seguridade.

(*) Davinia Lojo Amoedo é Concelleira do Grupo Municipal do BNG.

roslev