Carriola.EdM 03.07.25
julio@carriola.es
Tralo sorteo efectuado na sede social da asociación e retransmitido en directo, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Patricia Piñeiro Rivas, que selou súa tarxeta nos comercios Green & Grey, Frigoríficos Silverio Iglesias e a Administración de Loterías nº1 "Tica" polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
O acto de entrega do premio tivo lugar no mediodía de onte na administración de loterías "Tica"
Seis sorteos no ano nesta edición
Nesta edición, efectuanse 6 sorteos polo que en total sorteamos 900€ en tarxetas regalo que se elevan ata os 1.000€, xa que os clientes que contesten á enquisa sobre a campaña, que temos na páxina web, poden gañar outros 2 vales de 50€.
A día de hoxe, deposítaronse máis de 1.000 tarxetas na urna habilitada para tal fin.
Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.