Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Iníciase o trámite de expropiacións do proxecto de ensanchamento da senda peonil na estrada de O Pazo en Ardán

Carriola.Concello 03.07.25

julio@carriola.es

Novo avance do proxecto da senda peonil na estrada de O Pazo, en Ardán, coa tramitación das expropiacións O proxecto inclúe a expropiación de fincas para ensanchar a estrada e construír unha senda peonil segura; os propietarios xa están a ser notificados durante o período de exposición pública

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou onte dos novos pasos que se están a dar co proxecto de creación dunha senda peonil na estrada de O Pazo, na parroquia de Ardán, despois de que fose aprobado inicialmente e no momento no que acaban de empezar as notificacións das expropiacións precisas. Trátase dunha vía estratéxica de conexión entre Xuncal e O Pazo, onde actualmente as marxes da calzada funcionan como única alternativa de tránsito peonil, carecendo de sinalización, con pavimento irregular e sen condicións axeitadas de seguridade.

O proxecto contempla a creación dunha senda segregada do tráfico rodado, o ancheamento dos carrís de circulación e unha intervención específica na contorna do Cemiterio de Ardán, mellorando a súa accesibilidade e recuperando espazo público mediante a instalación dun paso peonil sobreelevado.

Actualmente, despois da aprobación inicial do proxecto, está en marcha o proceso de notificación aos propietarios afectados, que están recibiendo a información correspondente sobre as súas parcelas, tanto no que respecta aos metros afectados como sobre a súa valoración económica. Este período de exposición pública será dun mes..

Esta actuación enmárcase nunha estratexia máis ampla que busca manter e mellorar os itinerarios peonís seguros nomunicipio, ao tempo que se modernizan infraestruturas clave como esta estrada, fundamental para a vertebración da parroquia de Ardán, especialmente tendo en conta o tránsito frecuente de autobuses e o seu papel como acceso ao cemiterio.

O orzamento de licitación supera os 856.000 euros e o proxecto conta xa coas autorizacións necesarias para a súa licitación, unha vez se avance neste período de expropiacións.

O obxectivo final é conseguir financiamento para poder levar a cabo a execución desta obra que mellorará a calidade de vida e a seguridade viaria na zona.

roslev