Carriola.05.07.24.
julio@carriola.es.
O señor das ovellas: o triste caso do concelleiro de Urbanismo de Marín.
Por Asociación Cultural Almuinha
Hai un par de semanas tivo lugar no pleno municipal de Marín un debate de fondo para o futuro da vila. Estaba sobre a mesa a proposta presentada polo BNG titulada “Abrir Marín ao mar”, coa intención de impulsar un proceso participativo que outras cidades costeiras xa iniciaron: repensar os espazos portuarios e militares e a súa relación coa cidadanía.
A resposta da corporación foi clara pero non precisamente esperanzadora: doce votos en contra por parte do PP, cinco abstencións do PSOE e só os catro votos a favor do BNG. Un debate necesario que se tenta sepultar por unha maioría que opta pola inmobilidade.
Ningunha proposta alternativa por parte do grupo que goberna. Despois de anos falando do tema, a realidade é que non teñen nada que dicir. Agora ben, se algo destacou neste pleno foi a intervención do concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos Costa. A súa resposta á proposta do BNG pasará á historia como exemplo de sarcasmo e indecencia institucional. Según el, fronte á necesidade de abrir un debate sobre o futuro de Marín, o seu porto e a Escola Naval, a solución para o Señor Costa está clara: facer “visitas guiadas ao porto e á Escola Naval”. E quedamos tan campantes.
O Concelleiro de urbanismo, quere tratarnos os cidadáns de Marín como se fósemos ovellas: solucionar os problemas soando unha “flauta de Hamelin”, levándonos de paseo xa cree que nos vai a convencer de algo. O Concelleiro (mais semella Director do Porto) ten experiencia nestes eidos: nos debates para recuperar a ria de Pontevedra en Santiago, é un gran defensor de Ence. É decir, nada para defender a recuperacion da ria, aspiración de moitos cidadáns de Pontevedra e Marín. Ben é certo que no caso de Ence non se lle ocurreu ainda propoñer “visitas” guiadas a planta de Ence na marisma de Placeres. Supoño porque en Santiago teme que o tomen a chirigota. Marín é outra plaza verdade?.
Almuinha proponlle entón ó Concelleiro, que si é amigo das “visitas guiadas” que o día do Carme, faga unha visita guiada coa Ministra de Defensa de turno, salga da valla perimetral que rompe nosa cidade en dous, lles enseñe o Marín de verdade, as nosas inquedanzas, o noso casco vello, o rio soterrado, o arrase das praias urbanas, etc...é posible que ata a esa visita guiada coa ministra nos apuntemos nós, si é so non é capaz de defendernos...
Desde esta asociacion, entendemos que neste debate político, as propostas actuales de transformar as cidades non van contra ninguén. En concreto en Marín, Almuinha defende que o Porto de Marín medre, cree mais emprego, que se lle atope acubillo a novas empresas sen espazo actual nun porto seco, algo que ahí sí, o PP, debería estar buscando e defendendo desde hai 12 anos un espazo, pero: tampouco saben. A Asociación Almuinha defende o proxecto “Abrir Marin o Mar”, trátase de replantexar os espazos da Vila, no seu aspecto mais delicado, a relación co mar. Simplemente política de transformación e mellora cidadá. Entendido por e para todos. Menos para “o señor das ovellas” e o seu PP.