Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Aumenta a alarma en Seixo que queda cunha única médica porque, mañán luns, xubílase o Dr. Galiano

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*) 06.07.25

julio@carriola.es

Desde a Plataforma denunciamos que a partir do luns 7 de xullo haberá unha única médica no centro de saúde para 2.200 persoas e, que vai pasar cando ela colla vacacións en agosto?.Tamén criticamos ao xeente que presume de diálogo e hai case un mes que estamos agardando a que responda un escrito para coñecer a cobertura do cupo descuberto

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa que a partir do luns 7 de xullo, de dous facultativos, pasaremos a únha para atender 2.200 persoas, máis poboación turista, no Centro de Saúde de Seixo, froito da xubilación do Dr. Galiano.

O pasado 10 de xuño esta plataforma rexistrou un escrito dirixido ao Xerente da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores Arias, no que se trasladaba a preocupación veciñal pola inminente xubilación do Dr. Galiano, un dun dos dous facultativos de Seixo, así como a falta de información sobre a cobertura do seu cupo, polo que demandabamos que, de forma oficial, clara e detallada, se nos informase, tamén por escrito, das previsións da xerencia dende o día seguinte de producirse a xubilación para garantir a atención sanitaria sen sobrecarga nin saturación no resto do persoal do Centro de Saúde.”

Temos que cargar directamente contra o xerente primeiramente por mentir a través dun coñecido programa de radio pontevedrés no que dicía que o escrito rexistrarámolo a nivel consellería cando é un escrito  rexistrado no Hospital Provincial e dirixido directamente a el. O xerente presume de reunirse con quen lle pide cita e de diálogo igual que o Conselleiro, pero hai case un mes que estamos agardando a que responda por escrito á nosa solicitude. Supoñemos que saber sabe, polo que o problema é que non quere contestarnos e iso é grave, porque estalle a negar a información á veciñanza directamente afectada. Deben pensar que imos estar quedas e caladas agardando e soportando o problema ata que nos queiran responder.

Insistimos en que, o xerente, presume moito de organización de recursos e anda dicindo que non será ata que haxa xubilación efectiva que ofrecerá como interinidade ese contrato. Sería bo que informara por escrito da súa planificación e que non nos tomen por parvas. Pola información que temos, aínda que a xubilación do facultativo se produce en agosto, dende este luns 7 desfruta das súas vacacións, polo tanto quedamos só cunha doutora facéndose cargo dos dous cupos e da poboación turista. Saben que poden ofrecer un contrato por esas vacacións e cando se produza a xubilación convertelo en interinidade longa. Igual pretenden que esteamos co cupo sen cubrir, e que vai pasar cando a doutora que queda colla vacacións?”

Esta maneira de xestionar o persoal e os recursos públicos é neglixente e inhumana, causa moito sufrimento evitable na xente. É normal que a desconfianza e o cabreo entre a veciñanza medren porque o inicio dos problemas no noso centro de saúde foi a raíz da xubilación do Dr. Martín no verán de 2021. A veciñanza non se fía nin da Xerencia nin da Consellería, e xa anunciamos que estamos dispostas a mobilizarnos para defender a cobertura do cupo a tempo completo e de maneira permanente.

(*) Iria Aboi é a voceira da Plataforma de Seixo

roslev