Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Mañán celebrarase a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal no concello de Marín

Carriola.Redacción 09.07.25

julio@carriola.es

Como primeiro xoves do mes corresponde mañán a celebración da sesión ordinaria do Pleno Municipal que se iniciará ás oito da tarde no salón municipal cun orden do día no que destca unha modificación de crédito; a moción do BNG sobre o Consello Escolar Municipal e a denegación a CSIF da modificación da relación dos postos de traballo

A sesión plenaria que pode ser seguida polas redes dará comenzo ás oito da tarde e o seu orden do día íntegro é o seguinte:

1.-Aprobación, se procede, do borrador da Acta da sesión ordinaria celebrada o

12 de xuño de 2025.

2.- Ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Cultura, Benestar e

Igualdade sobre a proposta de calendario laboral 2026.  

3.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo e Facenda sobre a proposta da Alcaldía de aprobación inicial do expediente de modificación de créditos, na modalidade de transferencia de crédito  

4.- Ditame da Comisión Informativa de Medio Ambiente, Cultura, Benestar e Igualdade en relación coa moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego solicitando a convocatoria do Consello Escolar Municipal unha vez iniciado o novo curso escolar.

5.- Proposta da Alcaldía de denegación da solicitude de suspensión da execución do acordo de aprobación definitiva da 6ª modificación da relación de postos de traballo, solicitada con data 30 de xuño de 2025 por Dº Jerónimo Fernández Vicente, en representación da Central Sindical Independiente y de Funcionarios..

  1. B) PARTE DE CONTROL DO PLENO

6.- Posta en coñecemento da Corporación das Resolucións ditadas no mes de xuño de 2025 que van do número 2.123 ata 2.482 , ambas incluídas.

7.- Posta en coñecemento da Corporación dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local nas sesións ordinarias celebradas os días 5, 12, 19 e 26 de xuño de 2025.

8.- Posta en coñecemento da Corporación do informe de Intervención sobre as resolucións contrarias aos reparos formulados no mes de xuño de 2025 -

9.- Rogos e preguntas

roslev