Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG non participará da entrega da distinción de Filla Adoptiva a Leonor

Carriola.BNG (R)(*) 12.07.25

julio@carriola.es

O BNG sinala que recoñecer institucionalmente a alguén polo simple feito de ser descendente de quen é, sen unha vinculación real ou significativa coa vila, perpetúa unha visión discriminatoria incompatible cos valores republicanos e igualitarios

O BNG non participará no acto de entrega da distinción de Filla Adoptiva á princesa Leonor, previsto para o vindeiro 14 de xullo. A formación nacionalista xustifica a súa ausencia por coherencia coa postura que xa manifestara no pleno do 13 de novembro de 2024, no que o nomeamento foi aprobado cos votos favorables do PP e do PSOE.

Naquela sesión plenaria, a organización nacionalista xa advertira que este recoñecemento á herdeira da Coroa non representa ao conxunto da veciñanza, senón que responde a unha lóxica herdada do franquismo que non ten cabida nun sistema plenamente democrático.

Recoñecer institucionalmente a alguén polo simple feito de ser descendente de quen é, sen unha vinculación real ou significativa coa vila, perpetúa unha visión discriminatoria incompatible cos valores republicanos e igualitarios que defendemos.

O BNG pon de manifesto que o proceso se amparase nun regulamento de distincións aprobado en 1965, en plena ditadura franquista, e que nin se axusta á legalidade vixente nin garante mecanismos de participación cidadá nin pluralidade institucional. Por este motivo, reclaman tamén, a elaboración dun novo regulamento adaptado aos valores democráticos do século XXI.

Ademais, os nacionalistas matizan que non teñen nada persoal contra de Leonor, pero consideran que a súa presenza en Marín non foi nin significativa nin transcendente como para merecer tal distinción. Pola contra, o BNG propón por en valor a aquelas persoas que realmente contribúen ao desenvolvemento da vila.

O BNG defende que os recoñecementos institucionais deben basearse na participación cidadá, na pluralidade e en criterios transparentes, acordes cun Marín libre, democrático e igualitario.

(*) Grupo Municipal do BNG.

roslev