Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma polo Centro de Saúde coloca varias pancartas para chamar a atención sobre o problema en Seixo

Carriola.Iia Aboi Ferradás (*)20.07.25

julio@carriola.es

Onte, un nutrido grupo de veciñas e veciños da Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, iniciamos a colocación de varias pancartas nas parroquias de Marín afectadas pola falta dun segundo médico en Seixo coincidindo coa celebración das Festas do Carme na parroquia e o mércores, día 30,  faremos unha asemblea de veciños

Decidimos esta colocación de pancartas porque aínda que esteamos en festas, os problemas de saúde non desaparecen e no verán tamén enfermamos polo que un segundo facultativo é necesario. Dende o 7 de xullo pasamos de dous facultativos, a unha médica para atender 2.200 persoas, máis poboación turista, no Centro de Saúde de Seixo, froito das vacacións do Dr Galiano en xullo e da súa posterior xubilación en agosto anticipándonos ao problema, e o 10 de xuño rexistramos un escrito dirixido ao Xerente da Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés, José Flores Arias, solicitando información da cobertura do cupo, ao que segue sen responder por escrito máis dun mes despois.

Están a circular rumores sobre a cobertura do cupo que buscan desmobilizar; Que se van cubrir en agosto, que se van cubrir en xullo... esta situación xa a vivimos no 2021 coa xubilación do Dr Martín, e neste momento, o único certo é que a porta da consulta de Galiano está pechada e que queren ternos pendentes de bulos. Xa temos máis dunha semana de espera para citas e, que vai pasar cando a doutora que queda colla vacacións en agosto? Se o xerente non contesta por escrito é porque non quere ser claro, e se non quere ser claro é porque non teñen intención de cubrir por agora. Polo tanto toca movernos.”

Estas son as primeiras pancartas, pero haberá máis. A primeira colocouse na nova praza do mercado, no corazón de Seixo, onde se realizan moitas das actividades das festas, para visibilizar que a veciñanza das parroquias de Marín queremos segundo médico. A outra colocouse na parroquia da Ardán, na rotonda onde se une a PO 551 e remata a Vía Rápida VG-4.4 para que sexa visible para toda a veciñanza e visitantes que pasen polo noso concello.

Tamén son un toque de atención para a Alcaldesa Ramallo e o seu equipo, porque seguímonos movendo a pesar da súa falta de apoio ás reivindicacións veciñais, antepoñendo durante este tempo os intereses do seu partido na Xunta por diante da saúde das e dos marinenses.

Asemblea Veciñal en Seixo.

Por outra banda, anunciamos que temos prevista unha asemblea veciñal en Seixo para o mércores 30 de xullo para informar á veciñanza da situación e doutras accións de protesta, aberta a toda a veciñanza e está previsto realizar outras polo termo municipal ante os problemas que tamén está a haber no Centro de Saúde de Marín. A veciñanza non se fía nin da Xerencia nin da Consellería e imos defender a cobertura do persoal sanitario no noso concello, porque coa nosa saúde non se xoga, tampouco no verán.

(*) Iria Aboi é a voceira da Plataforma de Seixo pola defensa do Centro de Saúde de Seixo.

roslev