Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Trompos ós Pes organiza a “XXVI Romería Popular” polo Día de Galicia que se celebra mañán xoves día 25

Carriola.CdM 24.07.25

julio@carriola.es

O 25 de xullo contará co acto institucional e a romaría da asociación cultural marinense, que inclúe actuacións musicais foliada libre, xogos tradicionais, artesanía e, as 19.30 horas, será o monólogo da humorista galega na Alameda.

O Concello de Marín presentou xunto con Trompos Ós Pés a programación coa que se conmemorará o 25 de xullo, Día de Galicia no que, ademais do acto institucional que terá lugar ás 12.00 horas na Alameda Rosalía de Castro, no que a propia escola e o grupo de participará coa súa actuación musical, a asociación cultural “Trompos ós Pes”organiza de novo a súa romaría popular, que xa vai pola súa viséximo sexta edición.

Actos da romaría

* A partir das 10.30 horas, abrirán os postos de artesanía ubicados na Alameda e pola tarde, desde

* as 18.30 horas, ofreceránse aos asistentes una serie de  xogos tradicionais nos que participar libremente.

* Ás 20.00 horas, actuará a Asociación Cultural Os Penediños, de Atios (O Porriño) e media hora máis tarde farase o sorteo dos agasallos doados polos artesáns.

* Ás 21.00 horas arrancará a tradicional foliada libre, que comezará cos máis pequenos da escola para despois ir uníndose cos cantos e músicas tradicionais.

Desde Trompos, agradecen a todas aquelas persoas que vaian participar no escenario que avisen antes a través do mail tromposospes@gmail.com ou do teléfono 691089030 paa unha mellor organización do acto.

Leti da Taberna, ás 19.30 horas

Por outro lado, a retranca e o mellor do humor galego terán cabida na celebración do Día de Galicia coa actuación de Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, que como ela mesma di, aínda que a súa formación sexa sociosanitaria, é taberneira de nacemento.

Leti comezou en maio de 2020 a subir contidos a TikTok e, a día de hoxe, acumula deceas de miles de seguidores e seguidoras neste rede social e en Instagram.

Utilizando a ironía e a retranca galega, desde unha perspectiva feminista, Leti divertirá aos asistentes co seu monólogo “Enrededada”, que poderá verse na Alameda ás 19.30 horas. Esta actuación, subvencionada pola Xunta de Galicia, forma parte do programa de dinamización lingüística Falaredes. 

roslev