Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Os centros de saúde de Seixo e Marín motivan o mantemento da convocatoria de asembleas os días 30 e 5

 

Carriola.Iria Aboi Ferradás (*) 29.07.25

julio@carriola.es

Conseguimos a incorporación dunha nova médica en Seixo pero mantense a convocatoria da asemblea veciñal para o mércores 30 de xullo para informar do tipo de contratación e doutros problemas na atención sanitaria a a do martes 5 de agosto na Biblioteca da vila para informar da cobertura baixo mínimos en agosto do Centro de Saúde de Marín e das vindeiras accións de protesta

Iria Aboi

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa que continúan cos preparativos e a difusión das asembleas veciñais previstas tanto en Seixo como en Marín para abordar a situación sanitaria no concello e as vindeiras accións de protesta

Temos que explicar que conseguimos que a semana pasada se incorporase unha nova médica en Seixo para cubrir as vacacións do Dr. Galiano que se vai xubilar en agosto, despois da presión da Plataforma e da veciñanza das parroquias. Con todo decicimos manter a asemblea prevista antes da incorporación da médica para abordar as condicións desta contratación porque a nosa demanda é que se convirta nunha interinidade longa antes de que poida coller a praza persoal médico fixo do Sergas e non imos aceptar un parche.

Este non é o único problema que padecemos as veciñas e veciños de Marín, do centro ou das parroquias, por iso imos abordar que pasa no Centro de Saúde de Marín e na atención hospitalaria e as urxencias. En Marín hai esperas para medicina de familia nalgúns cupos que xa chegan ao mes, e prevemos un empeoramento en agosto. O servizo de pediatría tamén se vai resentir, por non falar das longas agardas en fisioterapia ou saúde mental.

O mesmo ocorre en determinadas especialidades da atención hospitalaria como dermatoloxía, uroloxía, otorrinolaringoloxía ou neumoloxía. Temos casos de máis dun ano de espera e en concreto o caso dun veciño á espera de cita dende maio de 2023 para descartar un cancro, que segue á espera a pesar das reclamacións. Por iso non se entende que pechen camas cada verán e lle sigan soltando cartos á sanidade privada, mentres as listas de agarda non deixan de medrar.

Este mércores 30 de xullo celebrarremos a asemblea en Seixo, na praza do mercado, a partir das 20:30h e aconcidionaremos o espazo con cadeiras para a xente maior e as familias. Con respecto á asemblea veciñal en Marín, será o martes 5 de agosto ás 20:30h na Biblioteca Municipal.

Temos que arlle as grazas a toda a veciñanza que apoia a Plataforma porque hai moitas persoas implicadas neste beneficio que é para tod@s e, a presión veciñal, foi o que conseguiu ter segunda médica en Seixo e nesa liña temos que continuar. Por iso, convidamos a asistir ás asembleas para seguir defendendo que coa nosa saúde non se xoga

(*) Iria Aboi Ferradás é a voceira da Plataforma

roslev