Carriola.CC.EdM 30.07.25
julio@carriola.es
A Alcadesa María Ramallo, a Concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira e a Xerente da Praza de Abastos de Marín, Dª Helena Caiña presentaron onte a VIII Edición de “Stock
A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 19 de 5*5m e 3 de 3*3m nas que, os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos interesantes (descontos desde o 50%) productos relacionados cos sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, papelería, material escolar e xoguetería.

O horario do evento
A apertura das carpas será en horario de 11 a 14.00 e de 18 a 22 (o domingo pecharase ás 21) e a entrada será gratuíta e, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento, na tarde do domingo, ás 19.30h, realizarase un sorteo presencial de 1.000€ en tarxetas regalo polo que, que a persoa gañadora disporá de 17 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción e dun vale de 150€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada debendo facer o gasto mentras permanezca aberta a feira de stocks e, dos vales compra non se devolverá cambio. Pódese obter maior información en:
https://www.estrelademarin.gal/sorteo-presencial-1000e-3-de-agosto-stock-marin/
Regalos photocall e FIFA25 Tamén haberá regalos (ata fin de existencias) e habilitarase un photocall, que dará a opción de acadar premios. Os máis novos (ata 25 anos), poderán participar no torneo de FIFA25 o sábado pola tarde de 19.30 a 21.30 horas debendo facer a inscrición na ligazón: https://www.estrelademarin.gal/esports-stock-marin-agosto-25/
Outra novidade desta edición, serán as “ofertas relámpago”. Nas redes sociais da asociación publicaranse ofertas que terán unha validez determinada.
O acto de inauguración, terá lugar o venres día 1 ás 12hrs coa asistencia da alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo e a presidenta do CCA Estrela deMarín, Dª Catalina Conde, ademais doutras autoridades locais.