Carriola.Redacción 31.07.25
julio@carriola.es
O bar da praia de Portocelo é unha xoia no que se refire a unha boa oportunidade de negocio para o concesionario que se faga coa explotacion pero, polos motivos que sexa, non atopa unha constinuidade que o faga rentable ou funcione ao longo do ano axeitadamente.
E o Concello, despois da renuncia do anterior asxudicatario que ban pouco durou na administración deste bar, saca a subasta de novo a concesión partindo dun canon mínimo de 1.060 euros anuais con un perído de explotación de cinco anos. As oferts han de chegar antes do día 9 de setembro a institución municipal que determinarà cal é a mellor das oferts recibidoas.


Segundo indicaba o Concello nun comunicado emitido onte, “O local conta é de planta baixa, cunha superficie de aproximadamente 311 metros cuadrados, fachada acristalada orientada cara a praia, dous accesos principais e unha ampla terraza elevada con vistas panorámicas ao mar.
O espazo interior divídise nunha sala de bar de 150,3 m2 con mesas, cadeiras e barra; unha cociña de 28,7 m2 con equipamento completo e con dous almacéns e aseos masculinos e femininos accesibles.

Ademais, o local está adaptado para garantir a accesibilidade, dispón de baños adaptados e cumple cos requisitos de conservación e seguridade esixidos na normativa vixente”.
Concesión e canon e licitación
A concesión sae por un prazo de 5 anos, con posibilidade de prórroga doutros cinco máis, sendo como máximo os 10 anos de duración da mesma. O canon mínimo que serve de base de licitación e que poderá ser mellorado á alza polos é de 1.059,08 euros anuais.
As persoas interesadas deberán ter en conta que para a licitación esíxese unha garantía provisional de 4.200 euros. Asemade, será por conta da persoaadxudicataria a adaptación interior que, no seu caso, deba realizarse para a explotación do local, así como os gastos de mantemento que se xeren.
Unha vez que a persoa adxudicataria leve a cabo as adaptacións no local, estará obrigada a conservalo en perfecto estado, debendo entregalo en perfectas condicións.
A presentación de ofertas debe realizarse a través da Plataforma de Contratación
do Sector Público con prazo ata o 9 de setembro.