Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Satisfacción na Plataforma, que convoca outra asamblea en Marín o día 5, por conseguir a segunda médica en Seixo

Carriola.Iria Aboi Ferradás 02.08.25

julio@carriola.es

Un cento de persoas na asemblea veciñal e “satisfacción” da Plataforma por conseguir segunda médica no Centro de Saúde de Seixo mais, como ten asinado por un mes, seguiremos en alerta para que o contrato sexa de longa duración. Está prevista outra asemblea o martes 5 de agosto na Biblioteca da vila para tratar a situación en agosto do Centro de Saúde de Marín que xa acumula nalgúns cupos esperas para cita entre 3 semanas e un mes

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa de que tivo lugar unha concorrida asemblea en Seixo que reuniu un cento de persoas onde expresamos a satisfacción por conseguir unha segunda médica no centro de saúde para cubrir o médico que está de vacacións e se xubila en agosto.

Conseguimos esta nova médica despois de meses de presión da Plataforma e da veciñanza das parroquias. A veciñanza está sensibilizada e mobilizada, boa mostra é a asistencia, a pesar do día de praia e de que moita xente pode confiarse ao ter a cobertura do cupo. Con todo, a médica nova ten asinado co Sergas un contrato de tan só un mes, polo tanto seguiremos en alerta ata que asine un contrato de longa duración. Non imos aceptar ningún parche. Agardamos que en agosto, cando a praza quede sen dono, asine unha interinidade longa, a tempo completo, antes de que poida coller a praza persoal médico fixo do Sergas. O 15 de agosto colle vacacións a Dra Luz e quedaría esta médica soa, cos dous cupos, polo que estaremos moi atent@s á evolución da situación no centro.

Situación Centro de Saúde de Marín e asemblea na vila.

Na asemblea tamén se abordaron os problemas no Centro de Saúde de Marín e na atención hospitalaria e as urxencias. En Marín hai esperas para medicina de familia nalgúns cupos como o do Dr Ballesteros que chega a tres semanas e no de Sonia Aguiar que chega a 1 mes, ou o servizo de matrona no que, a primeira cita dispoñible que hai dende hoxe, é para o 18 de agosto”.

O mesmo ocorre en determinadas especialidades hospitalarias como dermatoloxía, uroloxía, otorrinolaringoloxía ou neumoloxía. De feito, na Asemblea confirmáronse tres casos entre veciños asistentes que levan esperando dende o ano 2023 para cita en uroloxía e descartar patoloxías graves. Por iso non se entende que pechen camas cada verán e lle sigan soltando cartos á sanidade privada, mentres as listas de agarda non deixan de medrar.

O martes 5 de agosto celebrarán a vindeira asemblea, ás 20:30h, na Biblioteca Municipal e continuamos cos traballos de difusión aínda que xa nos arrincaron moita cartelaría. Onte aproveitando que era día de mercado deixamos carteis nos taboleiros das dúas portas da praza de abastos, na alameda, na parada do trole, hoxe xa non queda ningún pero advertimos que non perdan o tempo, que non pensen que así nos van parar, porque ao contrario, temos máis copias para volver pegar e moitas mans colaborando. Grazas a toda a veciñanza e convidamos a asistir á asemblea de Marín para seguir defendendo que coa nosa saúde non se xoga.

roslev