Carriola.Jonathan Carreira (*) 05.08.25
julio@carriola.es
O cen por cento dos comercios que estiveron no “Stock Marín” o pasado fin de semana manifestan o seu interés en participar na edición do vindeiro ano e móstranse satisfeitos co volumen de negocio facturado durante o“StockMarín”polo que o evento se consolida como a mellor maneira de darlle saída aos stocks acumulados.

Jonathan Carreira
As enquisas que se lle fixeron chegar a todos os establecementos, reflicten outros datos
significativos, xa que todos os participantes aseguran que as actividades de dinamización do evento, contribuíron en gran medida aos bos resultados desta edición.
As 1.000 bolsas reutilizables que se entregaban polas compras duraron 1 día. O torneo de FIFA, achegou aos máis novos ao comercio local e centos de persoas asistiron ao sorteo presencial dos 1000€, que se celebrou o domingo pola tarde.
Gañadora do sorteo de 1.000 euros
A gañadora do sorteo dos mil eurtos en vales compra feito de modo presencial foi a veciña de Seixo

Tania Amado Menduíña, por unha compra efectuada en Inés Marcos a cal fixo a consumición dos mesmos no que quedaba de xornada do domingo nos establecementos que participaban na feira.
Agradecemento
Desde Estrela de Marín, queremos agradecer a colaboración do Concello que sufragou parte dos custos da montaxe e parte dos custos do control e vixianza do evento. Ademais, queremos agradecer tamén á Xunta de Galicia que confinanciase o evento, e aos servizos municipais de limpeza polo seu traballo.
Próxima campaña en setembro
O centro comercial aberto Estrela de Marín, contínúa co seu traballo de incentivación e
dinamización comercial e, a primeiros de mes de setembro, porá en marcha a campaña
“A Volta Cole Estrela”, cunha gran festa infantil que terá lugar o venres 12 de setembro
con inchables, festa da espuma, regalos promocionais, sorteos….
(*)Yonathan Carreira Figueiras é o Director Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín