Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia a inacción do goberno local ante o deterioro do Paseo Alcalde Blanco

Carriola.Lucía Santos Omil (*) 09.08.25

julio@carriola.es

Lucía Santos 

O BNG de Marín alertou na comisión de Turismo do 6 de xullo do progresivo deterioro do Paseo Alcalde Blanco, case tres anos despois da súa inauguración en xullo de 2022 e da primeira advertencia sobre a mala calidade dos materiais empregados. lembramos que, en setembro dese mesmo ano, a formación nacionalista xa denunciara o desgaste das madeiras e os defectos no pavimento da zona de xogos de auga.

Entre as deficiencias actuais,citamos o desprendemento das láminas de caucho na área de xogos de auga, un risco para as crianzas e mostra da falta de mantemento así como o abandono das zonas verdes e o deterioro do mobiliario urbano, que xa foron denunciados en 2022 e 2023. Estamos a falar dun investimento de máis dun millón de euros que presentou defectos aos tres meses da súa apertura.

Tamén reclamamos medidas contra a calor extrema no verán, como a instalación de zonas de sombra na área de xogos, proposta en 2023 e rexeitada polo PP, dado que é insoportable estar no paseo nas horas centrais do día, e por saúde pública e benestar, consideramos que o Concello debe actuar xa.

Desde a nosa formación nacionalista pedimos accións inmediatas que inclúan a reposición dos elementos danados; a mellora das zonas verdes; a instalación de zonas de sombra e un plan de mantemento periódico que preserve este espazo emblemático da vila.

(*) Lucía Santos Omil é a portavoz do grupo municipal do BNG

roslev