Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Novo homenaxe de lembranza a Carmen Pesqueira Domínguez, “A Capirota” vitima da represión no 36

Carriola.Redacción.16.08.25

julio@carriola.es

Como cada terceiro domingo de agosto, mañá terá lugar unha nova homenaxe de recordo a Carmen Pesqueira Domínguez, coñecida como “A Capirota” quen fora vítima da represión e fusilada no ano 36 no Pozo da Revolta.

O acto será nesta ocasión na Rúa da Roda onde, na plazoleta intermedia está a placa que da nome de esta muller desde hai uns anos en que así se decidiu pola corporación municipal.

O acto estará organizado como cada ano pola “Asociación para a Recuparación da Memoria Histórica” que preside Queta Otero (Molas) e dará comenzo á unha da tarde coa intervención de representantes da propia asociación e contando coa presenza de Lola Rodríguez Souto Martínez, veciña de Seixo e neta de represaliada quen falará sobre o acontecido naquel fatídico agosto de 1936 e de como cambiou definitivamente a vida cotiá do lugar, quedando para sempre na memoria do pobo.

Tamén se contará coa participación de Laura Piedras e Ríchard Pazos , do colectivo “Céltica Marín ArteCultura”, quenes declamarán poemas ao respecto, e co músico e cantoautor local Andrés Pena.

roslev