Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O GALP da Ría destina máis dun millón de euros a un total de 17 proxectos de distintas características

Carriola.GALP.19.08.25

julio@carriola.es

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP-RP) aproba un total de 17 proxectos na convocatoria de axudas 2025, financiada pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA). En conxunto, estas iniciativas contan cun financiamento público de 1.087.844,41 €.

O maior número de proxectos concéntrase en Sanxenxo, con cinco iniciativas que abranguen desde propostas para facilitar a accesibilidade aos deportes náuticos ata proxectos de diversificación ligados á economía azul. Por exemplo, o Concello de Sanxenxo dotará de acceso peonal á praia de Silgar.

En Marín foron aprobados tres proxectos que combinan a dimensión empresarial e pública. Entre eles destaca o de O Percebeiro, co que se mellorarán os procesos de elaboración e se poñerá en marcha unha nova rede de distribución local “ECO”. Xunto a esta iniciativa, financiáronse outras propostas orientadas á adquisición de equipos de refrixeración para produtos do mar e ao acondicionamento do acceso á praia de Mogor, esta última promovida polo Concello de Marín.

Pola súa banda, en Bueu, tamén con tres proxectos beneficiarios, as axudas permitirán impulsar actuacións de eficiencia enerxética e culturais ligadas ao mar, como o proxecto creativo do ilustrador Luis Davila, ademais doutras orientadas á mellora da comercialización dos produtos mariñeiros como é a da Confraría de Pescadores de Bueu.

En Poio, as axudas apoiarán dúas iniciativas promovidas polo Concello de Poio, centradas na análise da realidade do marisqueo na ría e na promoción do patrimonio mariñeiro, así como un proxecto empresarial.

Respecto a Pontevedra resultaron aprobados dous proxectos. Dun lado, o Concello recibirá apoio para desenvolver a campaña ‘Merca sostible e con traza’ e, por outro, a Confraría de Pescadores de Lourizán incorporará un equipo de visión nocturna para vixiar os bancos marisqueiros e as instalacións da confraría.

Finalmente, en Meaño financiouse a iniciativa do Concello, o Río Chanca Fest, para impulsar o consumo dos produtos do mar entre a mocidade.

Iniciativas diversas

Un conxunto de iniciativas diversas, desde melloras produtivas en empresas pesqueiras e acuícolas, proxectos sociais de inclusión, propostas culturais, ata accións promovidas por concellos, confrarías que buscan dinamizar a ría . Todas estas actuacións están aliñadas cos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2023-2027, que aposta pola innovación, a creación de emprego, a diversificación económica e a posta en valor do patrimonio mariñeiro.

A presidenta do GALP , María del Carmen Vázquez Nores, salientou que “os proxectos aprobados amosan o compromiso das empresas, das confrarías, dos clubs náuticos, dos concellos e das entidades sociais cun futuro sostible para a nosa ría, no que o mar continúa a ser motor do progreso económico e a cohesión social”.

roslev