Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello repasa a situación dos montes en Marín en base ao seu plan de prevención de incendios forestais

Carriola.CdM.22.08.25

julio@carriola.es

Destaca o importante que foi impulsar durante todo o pasado ano o traballo de prevención, coa limpeza das franxas secundarias, que son claves para protexer ás vivendas en caso de incendio forestal.

O Concello de Marín púxose en contacto coas Comunidades de Montes da vila tras a reunión a nivel provincial que se mantivo coa Xunta de Galicia, co obxectivo de coordinar esforzos, actualizar medios a disposición cos que se pode contar de cara á extinción de incendios e para facer balance do traballo de prevención que se vén realizando no último ano.

Plan Municipal de Prevención de Incendios

Marín conta cun Plan Municipal de Prevención de Incendios, que funciona a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural e de Seaga. Trátase da ferramenta burocrática coa que se controla a xestión de biomasa e a limpeza das franxas secundarias, unha obligación recollida por lei e que supón a forma máis efectiva de manter a salvo as vivendas en caso de incendio forestal.

Estas franxas - indicou Pablo Novas, concelleiro de Rural - deben estar limpas de biomasa, porque son o mellor cortalumes se se dá un incendio” e retíranse especies arbóreas pirófitas como son o eucalipto, o piñeiro e a acacia”. 

Durante o pasado ano, enviáronse 2.700 notificacións a propietarios destas franxas (xa que se trata de terreos de titularidade privada e comunal). E a isto súmase o traballo que se fai desde o departamento municipal de Urbanismo, onde se recollen as denuncias feitas por particulares. Destas, xestiónanse en torno a 200 expedientes ao ano, cun nivel de execución do 95%.“Trátase dun importantísimo labor de prevención e de concienciación - asegurou a alcaldesa María Ramallo- que cre que é importante non frear e manternos máis alerta ca nunca para que se siga facendo esta prevención cando volva ser posible, xa que agora non se aconsella o uso de maquinaria polo risco de incendio”.

O sector madereiro e Protección Civil

Pablo Novas explicou que “O sector madereiro está “volcado” con estes traballos pero que, polo volume que é, aínda teñen parcelas contratadas para limpar pero non puideron facelo, pero xa está prevista a súa limpeza”.

Por outra banda, o Concello informa de que “A brigada de voluntarios de Protección Civil está facendo batidas a primeira e a última hora do día polos montes da vila, sobre todo para comprobar que non haxa actividades sospeitosas nin posibles artefactos incendiarios.

Finalmente, Novas asegurou Enviaremos á Xunta canto antes a nosa listaxe de medios dispoñibles e seguiremos á súa disposición para o que se precise. E no que respecta á nosa parte como concello, volveremos incidir na importancia de manter estas franxas secundarias limpas; agora nótase un cambio drástico no alivio da maleza e arborado nos perímetros dos núcleos e temos que seguir así, para evitar rebrotes  e fomentar a repoboación con especies autóctonas, que será o seguinte paso”.

 

 

roslev