Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia o estado de abandono do acceso al “Parque Azul”

Carriola.BNG.23.08.25

julio@carriola.es

Lucía Santos Omil manifestou que é especialmente lamentable que, sendo o Concello colaborador desta edición do festival, o acceso ao Parque Azul proxectase unha imaxe de abandono impropia dun espazo público e dunha vila que acolle un evento cultural de tal relevancia

O BNG de Marín volveu reclamar no pleno do pasado 14 de agosto a limpeza integral do túnel de acceso ao Parque Azul, unha demanda xa trasladada en 2022 e que continúa sen resposta por parte do goberno local. A semana pasada, antes do pleno, esta queixa xa fora trasladada tamén na Comisión Informativa de Turismo e Comercio.

Dende o grupo municipal lembramos que este acceso presenta habitualmente un estado de suciedade e abandono, polo que consideramos urxente acometer unha actuación de limpeza e establecer un plan de mantemento regular ao longo de todo o ano.

Representantes do BNG comprobaron recentemente o estado do túnel coincidindo coa súa asistencia á nova edición da MACM (Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín), que se celebra na vila entre o 20 e o 23 de agosto. “É especialmente lamentable que, sendo o Concello colaborador desta edición do festival, o acceso ao Parque Azul proxectase unha imaxe de abandono impropia dun espazo público e dunha vila que acolle un evento cultural de tal relevancia”, sinalou a portavoz municipal, Lucía Santos Omil.

Santos, advertiu de que a situación non mellorou en dous anos: “Levamos tempo reclamando esta actuación en diferentes ocasións e nada cambiou. É inadmisible que o acceso ao Parque Azul siga en condicións de abandono e falta de hixiene que non son dignas dun espazo público utilizado pola veciñanza”.

O BNG insiste en que o Concello debe garantir condicións mínimas de hixiene e coidado durante todo o ano e non permitir que unha das entradas ao Parque Azul continúe a proxectar unha imaxe de abandono.

roslev