Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia abre en breve a desempegados o prazo para solicitar catro novos graos C de FP de Informática

Carriola.XdG.28.08.25

julio@carriola.es

A partir do próximo luns 1 de setembro poderán achegarse á súa oficina de emprego ou ao propio CNTG para solicitar estas formacións que empezarán en outubro e que permiten convalidar varios módulos dos ciclos informáticos de formación profesional. A nova programación sucede á recentemente finalizada, na que se impartiron 116 cursos de preparación para certificación oficial e se acadaron case tres candidatos para cada unha das preto de 2.300 prazas ofertadas

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración abre o próximo luns 1 de setembro o prazo para que as persoas desempregadas poidan solicitar os seus novos cursos que arrancarán en outubro. Trátase de catro novos graos C que permiten convalidar varios módulos dos ciclos informáticos de formación profesional.

En concreto, no centro impartiranse catro graos C e dous graos B de formación profesional da familia de Informática, en particular, dous graos C de nivel 3 do ámbito do desenvolvemento de aplicacións informáticas (Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos, e Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web), un grao C de nivel 3 do ámbito de administración de sistemas informáticos (Xestión de sistemas informáticos) e un grao C de nivel 2 do mesmo ámbito (Operacións de sistemas informáticos).

Cómpre destacar que esta formación permite convalidar varios módulos dos ciclos informáticos de formación profesional (DAW - Desenvolvemento de aplicacións web, DAM - Desenvolvemento de aplicacións multimedia, ASIR - Administración de sistemas informáticos en rede, SIMR - Sistemas informáticos e redes), polo que son idóneas para as persoas desempregados que queiran formarse e introducirse no sector informático e para aquelas que non obtiveran praza nos ciclos de formación profesional e queiran superar varios dos módulos de ditos ciclos.

Así, as persoas desempregadas interesadas poderán realizar a solicitude de acceso a estes cursos a partir da semana que vén, para o que deberán dirixirse á súa oficina de emprego ou ao propio Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (orientacion.cnt@xunta.gal).

roslev