Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Estrela de Marín” organiza un obradoiro de técnicas de empaquetado na súa sede en colaboración coa Xunta de Galicia

Carriola.Yonathan Carreira Figueira (*).06.09.25

julio@carriola.es

Desde o “Centro Comercial Aberto Estrela de Marín impulsamos a formación e capacitación profesional coa posta en marcha da actividade "Técnicas de Empaquetado"

Jonathan Carreira

Co obxectivo de fomentar a capacitación práctica, ponse en marcha a actividade formativa "Técnicas de Empaquetado", unha iniciativa dirixida a asociados interesados en adquirir habilidades específicas no ámbito da estética, o comercio e a presentación de produtos.

A formación, organizada por Estrela de Marín coa confinanciación da Xunta de Galicia, desenvolverase na sede social da asociación na Rúa Real nº10 baixo, do 15 ao 26 de setembro en horario de 08.45 a 09.45, ofrecerá contidos teóricos e prácticos sobre técnicas de envoltorio, presentación visual, materiais e tendencias actuais no empaquetado profesional. Esta actividade está especialmente pensada para profesionais do sector comercial pensando en que poidan aplicar os coñecementos adquiridos, na vindeira campaña de nadal.

Segundo a formadora que impartirá a actividade formativa, Cany Juncal, "o empaquetado é moito máis que envolver un produto: é unha ferramenta de comunicación, de marca e de experiencia para o cliente. Queremos que os participantes adquiran competencias que poidan aplicar de inmediato no seu entorno laboral".

Curso gratuito pero con prazas limitadas

A actividade que será gratuita, incluirá demostracións en vivo, prácticas guiadas e espazos para a creatividade. As prazas son limitadas e a inscrición pode realizarse a través da seguinte ligazón: https://www.estrelademarin.gal/actividade-formativa-tecnicas-de-empaquetado/ 

(*) Director Xerente Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín

roslev