Carriola.Redación.12.09.25
Ás oito desta tarde procederase a inauguración da exposición do pintor Luis Rivas coa que o Ateneo Santa Cecilia inicia un novo curso de actividades tralo parón veraniego. A mostra ofrecerase na sala propia do Ateneo con apertura diaria de 18.00 a 20.30 horas
Onde o desexo florece coma hedra, recolle parte da obra pictórica de Luis Rivas, discípulo de Manolo Aramburu.

Rivas, cunha linguaxe propia e inconfundible que dota a súa pintura dunha base xeométrica a partir de estruturas paisaxísticas e arquitectónicas, así como dun cálido cromatismo, construíndo un universo onde se sente plenamente cómodo.
A exposición, comisariada polo recoñecido crítico de arte e actual comisario da Bienal de Pontevedra, Antón Castro, estará aberta ao público do 12 ao 30 de setembro e poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 h.
Un artista multidisciplinar
Luis Rivas é un home apaixonado da vida que sempre se entregou a diferentes disciplinas. O fútbol e a sanidade tamén son as súas grandes paixóns. Como curiosidade, comentar que chegou a xogar en tres equipos históricos do fútbol español: o Pontevedra C.F., o Elche C.F. e o Oviedo C.F., rematando a súa carreira deportiva no Marín C.F