Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O GALP impulsa a capacitción dixital do sector con cursos prácticos e gratuítos

Carriola.GALP.13.09.25

julio@carriola.es

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP-RP) organiza unha nova acción formativa gratuíta dirixida a persoas autónomas e entidades asociativas da súa área de influencia. O curso, que se impartirá os días 22, 24 e 29 de setembro, busca dar resposta a unha necesidade crecente: adquirir competencias dixitais básicas para poder manexarse con seguridade no día a día profesional e asociativo.

A formación está especialmente deseñada para persoas principiantes no manexo dos trámites online. Abordarase o uso de ferramentas como a Cl@ve PIN ou o Certificado Dixital FNMT, a descarga de documentos oficiais ou a xestión de axudas públicas específicas do sector pesqueiro. Ademais, no caso das asociacións, inclúese un módulo dedicado á seguridade básica en internet e o manexo da AutoFirma.

Asociacións

Respecto ás asociacións, a formación está deseñada para dar resposta ás súas necesidades específicas de dixitalización. As persoas que forman parte das directivas ou colaboran na xestión asociativa aprenderán a realizar trámites en liña con administracións públicas e outras entidades de forma sinxela e rápida, o que lles permitirá gañar independencia e reducir a dependencia de terceiros. Ademais, abordaranse boas prácticas para protexer datos e comunicacións, reforzando a seguridade das entidades. Trátase de dotar ás asociacións de confianza, recursos útiles e autonomía para que poidan desenvolver a súa actividade diaria cunha maior eficacia e seguridade, fortalecendo así o seu papel na vida social e comunitaria do territorio.

Segundo explica David López, responsable de impartir os cursos, a formación está pensada para que todas as persoas participantes poidan seguir o ritmo sen dificultade: "As explicacións serán sinxelas, sen tecnicismos, e resolveranse as dúbidas no momento. Queremos que se sintan capaces de aplicar o aprendido desde o primeiro día".

A través desta iniciativa, búscase fortalecer a autonomía das persoas participantes, incrementando a súa confianza no manexo das ferramentas dixitais que, a día de hoxe, resultan imprescindibles para desenvolver calquera actividade profesional ou asociativa nun contexto crecente de dixitalización.

A formación para persoas autónomas celebrarase os días 22 e 24 de setembro, mentres que as sesións dirixidas a asociacións desenvolveranse os días 22, 24 e 29 de setembro. Todas elas impartiranse en horario de tarde na Aula CeMIT de Marín, situada no edificio da Biblioteca Municipal. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente.

roslev