Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Sequelo contará en breve cun ascensor e está próximo o inicio da rehabilitación do seu pabellón polideportivo

Carriola.CdM.13.09.25

julio@carriola.es

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín, mantiveron hoxe unha reunión de coordinación entre a empresa que está construindo o ascensor do colexio e a que iniciará as obras de rehabilitación do pavillón deportivo 

A os traballos de recuperación medioambiental do río Lameira, coa instalación do colector e a creación dunha nova senda peonil, súmanse agora dúas novas obras esenciais para que os equipamentos desta zona de Marín melloren enormemente. A do río Lameira supón unha inversión de 3,1 millóns de euros e suporá un antes e un despois no saneamento do núcleo urbano de Marín e na conexión verde e sostible do Sequelo co centro.

Obras no colexio

Están en plena execución as obras de instalación dun ascensor para a acadar a adaptación e total accesibilidade no CEIP Sequelo. A obra, que realiza a Consellería de Educación, supón unha inxección económica de máis de 200.000 euros.

A maiores, está a piques de arrancar o proxecto de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética do Pavillón do Sequelo, unha obra promocionada polo Concello, para a que acadou financiación por parte da Xunta e da Deputación de Pontevedra, a razón dun 50% cada administración, e cun montante total superior aos 725.000 euros.

 

Aínda que as obras do ascensor solicitaron unha prórroga, as empresas conveniaron entre elas que nas próximas semanas a coexistencia dos traballos nelas erá perfectamente posible e poderán coordinarse para que ambas avancen cumplindo os prazos establecido

Investimento de máis de 4 millóns de euros

A Alcaldesa, que se atopaba acompañada pola concelleira Marian Sanmartín e a coordinadora das obras do ascensore do pavillón antes mencionadas, explicou onte a pe de obra, “Podemos dicir que nestes momentos estanse investindo máis de 4 millóns de euros e entendemos  que a veciñanza desta zona estea saturada de obras, sumando agora estas, que complican un pouco as entradas no colexio, pero o cambio que vai dar toda esta zona con estas actuacións é tremendo”.

Ramallo resumiu todas as obras en tres palabras: “Accesibilidade, sostibilidade e integración. Libéranse as barreiras nun cole, mellórase un pavillón utilizado por unha enorme cantidade de nenos e nenas, actuando na súa cuberta e illándoo a nivel térmico, e finalmente, renaturalizamos un río e renovamos toda a instalación de saneamento do barrio”.

Ademais, Ramallo quixo insistir en que “É tremendamente importante para un Concello. que todas estas actuacións supoñan un custe de prácticamente cero para as arcas municipais, así que temos que seguir xestionando neste sentido: dotando á vila de inversións claves, como estas, pero sen hipotecar o noso propio Orzamento”.

roslev