Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Banda de Música de Marín abre hoxe o perído de inscripción para participar no curso que comenza

Carriola.Banda de Música de Marín.15.09.25

julio@carriola.es

Neste curso ofreceranse clases de Armonía e Análise, materia indispensable para o alumnado que quera reforzar os seus estudos no Grao Profesional e Superior de Música. Crearase a especialidade de coro, impartida pola profesora de Canto os luns pola tarde, se hai un mínimo de 10 inscripcións. As clases darán comezo o 1 de outubro e seguirán o calendario escolar establecido pola Xunta de Galicia, rematando o 26 de xuño co Concerto de Fin de Curso

A Escola da Banda de Música de Marín abre, desde hoxe luns 15 de setembro, o seu periodo de inscripción no curso 2025/26.  As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web da Banda de Música de Marín ou acudindo ao local da Banda de Música ata o 19 de setembro, entre ás 17:00 e as 19:00 horas. As prazas asignaranse por rigurosa orde de inscripción.
Oferta de prazas
Hai prazas dispoñibles na súa oferta educativa musical para o curso 2025/26 nunha gran variedade de disciplinas. Esta asociación ofrece clases grupais e individuais de diversas disciplinas musicais dirixidas a alumnado a partires dos 4 anos e sen límite de idade. Neste novo curso dos instrumentos de vento madeira ofrécense 2 prazas en óboe e en frauta, 3 en saxofón e 4 en clarinete. Dos de vento metal: 1 de trombón, de bombardino e de tuba e 3 de trompeta e de trompa. Nas especialidades de corda hai dispoñibles 3 prazas de canto e de violoncello e 4 de piano. E na percusión hai 3 prazas dispoñibles.

Nas especialidades grupais, ás clases de Música e Movemento teñen dispoñibles 9 prazas, 5 delas para a rapazada de 4-5 anos e 6 delas para o de 5-6; Armonía e Análise ten 5 prazas libres, 3 delas no nivel intermedio e 2 delas no nivel avanzado. Ademáis, tamén está aberta a inscripción para Coro, especialidade que se creará no case de haber 10 persoas interesadas. As persoas interesadas e que xa teñan os coñecementos necesarios poden anotarse de balde na Banda Pequena, á Banda de Música de Marín ou ao Coro, agrupacións dirixidas ao fomento das habilidades para a interpretación da música en grupo.

Información sobre precios, descontos e funcionamento

Na páxina web da Banda de Música de Marín pódense consultar os prezos, os descontos, a duración das clases e os horarios de cada especialidade. En caso de dúbida tamén se pode contactar coa Dirección da Escola de Música a través de correo electrónico, na dirección esmusimarin@gmail.com, ou por teléfono, no 986 880 504.

Escola para todas as idades

A Escola da Banda de Música de Marín é un centro de ensino non reglado onde o profesorado especializado as súas leccións ás necesidades específicas do alumnado. Forman parte desta escola alumnos e alumnas de todas as idades, dende os 4 anos, onde aprenden a teoría e a interpretación musical da disciplina elixida, en clases grupais e individuais. Está estreitamente ligada a agrupación musical e durante o curso fomenta a participación do alumnado en audicións e concertos co obxectivo de ofrecerlles a posibilidade de amosar os seus progresos e gañar experiencia escénica.

A Escola e a sede da Banda da Música de Marín ubícanse no local social Nosa Señora do Carme, situado na rúa Jaime Janer s/n esquina coa rúa San Pedro, en Marín.

 

 

roslev