Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Homenaxe á xente mariñeira organizado polo “Museo do Mar” comenzará ás 12,30 na dársena de paseo marítimo

Carriola.Redacción (R).28.09.25

julio@carriola.es 

A Asociación Cultural Museo do Mar de Marín, en colaboración co Concello de Marín, organiza un ano máis a tradicional Homenaxe aos Traballadores e Traballadoras do Mar, emotivo acto que terá lugar hoxe domingo 28 ás 12:30 horas no porto, xunto á dársena das chalanas.

A homenaxe ten como obxectivo recoñecer o traballo e a dedicación da xente do mar, destacando o seu papel fundamental como xeradores de emprego e sustento para a economía local. Nesta edición, a homenaxe dedícase especialmente a dúas figuras destacadas: Carlos Cabaleiro, recoñecido patrón e armador da frota de arrastre de Marín, e Carmen Carracelas Touriño, traballadora da praza de abastos.

O acto será presentado por Lois González, quen fará especial fincapé na importancia da pesca no crecemento e desenvolvemento do noso municipio.

Banda de Música de Valga

Ademais, durante a cerimonia contarase coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga, que amenizará a xornada coas súas interpretacións.

Desde o Museo do Mar convidamos a toda a cidadanía a participar neste merecido recoñecemento e a compartir un momento de gratitude cara a quen fixo do mar a súa vida e vocación.

roslev