Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín e Poio acollen sendos obradoiros de alimentación e cociña saudable con productos do mar organizados polo GALP

Carriola.GALP.02.10.25

julio@carriola.es 

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría(GALP-RP) impulsa este outono dous ciclos de obradoiros prácticos de nutrición e cociña saudable con produtos do mar, que se celebrarán en Poio e en Marín.

As actividades, abertas ao público e de carácter gratuito, combinarán aprendizaxe teórica e elaboración de receitas con peixe e marisco de proximidade, co obxectivo de promover uns hábitos de consumo responsables e poñer en valor os recursos mariños da ría.

En Poio, as sesións desenvolveranse os martes 7, 14, 21 e 28 de outubro na Casa Rosada, mentres que en Marín terán lugar os venres 7, 14, 21 e 28 de novembro no Espazo Emprendedor – Parque Azul. En ambos os dous casos, o horario será de 16:30 a 18:30.

Contido teoricopráctico

Cada sesión incluirá unha parte teórica, centrada na planificación dunha dieta equilibrada, a selección e conservación de alimentos ou a lectura das etiquetas nutricionais, e unha parte práctica, na que as persoas participantes elaborarán receitas con peixe e marisco que poderán reproducir despois nos seus fogares.

A metodoloxía combina a transmisión de coñecementos básicos de nutrición cunha aprendizaxe participativa, fomentando o manexo responsable dos produtos e a posta en valor das propiedades saudables e gastronómicas dos recursos mariños. Ao final de cada sesión, os asistentes levarán as receitas impresas e material didáctico de apoio.

Aforo limitado con inscripción previa

O aforo é limitado, polo que será necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 886 21 30 15 ou a través dos seguintes formularios: obradoiro de Poio e obradoiro de Marín.

A posta en marcha destes obradoiros permítelle ao GALP Ría de Pontevedra avanzar no seu compromiso coa educación alimentaria e a promoción dunha dieta saudable baseada nos produtos mariños locais, ao tempo que contribúe a dinamizar a vida social e cultural da ría. A iniciativa conta coa colaboración dos Concellos de Poio e de Marín, reforzando así o traballo en rede coas administracións locais e consolidando o papel do GALP como entidade de referencia no desenvolvemento sostible do territorio mariñeiro

roslev