Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Mogor voltará a ser escenario este sábado da regata de remo de mar Nostra Inmare Fortuna

Carriola. Clube Remo Ría de Marín. 10.10.25


A cita anual da regata terá lugar este sábado entre as 10 e as 16 horas, organizada polo Club de Remo Ría de Marín co apoio do Concello de Marín, onde onte se fixo a presentación oficial.

Este ano o Clube decidiu cambiar de modalidade e a regata será de beach sprint. Trátase da primera vez que se organiza unha competición desta modalidade en Galicia, que, ademáis, será olímpica por primeira vez nos próximos xogos olímpicos, en Los Ángeles 2028. O remo de beach sprint é unha modalidade moi vistosa pola súa explosividade e rapidez. Comeza en terra firme, cun atleta que corre pola area e entra no mar para subirse no seu bote, rema unha corta distancia o máis rápido posible e ten que, ao chegar de novo á orilla, baixarse do bote e voltar a correr pola area ata chegar á linea de meta.

Dadas as previsións de bo tempo, o club convida aos veciños de Marín a a acercarse a Mogor para ver a regata e coñecer este tipo de modalidade. O club tamén quere agradecer, dende aquí,  a axuda da Deputación de Pontevedra, Ence, Codisoil e Gadis polo apoio nas actividades do club e, en concreto,  a súa colaboración con esta regata.

roslev