Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marta Villanueva gana el escaparate Estrela valorado en más de 7000 euros

Carriola. Redacción. 12.10.25

julio@carriola.es

El concurso seguía la mecánica del famoso programa televisivo El Precio Justo, y la agraciada fue la que más se acercó al precio al calcularlo en un céntimo menos de su valor real

Marta Villanueva Piñeiro é a gañadora do escaparate Estrela valorado en 7.355,90 euros, ao ser a persoa que máis se aproximou por debaixo ao seu prezo real. A campaña, organizada pola Asociación de Comerciantes Estrela de Marín e na que a Xunta de Galicia achegou uns 50.000 euros, pretende a dinamización do comercio marinense con, ademais da organización do concurso, a realización de actividades de maxia, concertos e outras actividades para nenos que encheron estes días as rúas de Marín e os comercios de público. 

O núcleo central da campaña xirou arredor do Escaparate da Estrela, unha mostra representativa dos produtos e servizos do comercio local de Marín que se descubriu hoxe ao público. As persoas participantes puideron estimar o valor económico do escaparate —con incentivos adicionais para quen empregase a aplicación Comercio de Marín— e, se acertaban, optaban a gañar todo o seu contido. Ademais, ao longo da xornada desenvolveuse unha intensa programación con actuacións musicais, actividades infantís e xogos tradicionais.

 Durante a gala final —na que se anunciou o valor do escaparate— Gabriel Alén, director xeral de comercio e consumo da Xunta, destacou a capacidade do Centro Comercial Aberto para dinamizar Marín a prol do comercio local, enchendo as rúas de actividade e propostas que celebraron a diversidade e riqueza do tecido comercial da vila. Lembrou tamén que O Escaparate Estrela foi unha das iniciativas recoñecidas pola Xunta a nivel galego, cunha achega extraordinaria de preto de 50.000 euros —no marco das axudas destinadas ao apoio destas entidades— polo seu carácter innovador, a creatividade das súas propostas e o impacto cultural e económico acadado. Esta gala de peche foi presentado pola artista Lucía Pérez e contou cun espectáculo de maxia e ilusionismo, así como performances de Pablo Méndez.

 

 O teu comercio local é extraordinario

Esta campaña forma parte das cinco accións de dinamización comercial extraordinarias apoiadas pola Xunta dentro da iniciativa O teu comercio local é extraordinario, xunto coas impulsadas polos centros comerciais abertos de Ribadeo, Boiro, Ferrol e Rianxo.

 Estas entidades foron seleccionadas entre as mellor valoradas na convocatoria de axudas deste ano, na que se apoiaron un total de 54 centros comerciais abertos de toda Galicia cun investimento global de 2,3 millóns de euros. Para estas cinco propostas en concreto, o Executivo autonómico destina preto de 200.000 euros, como recoñecemento á súa calidade, capacidade de innovación e impacto no territorio.

 As campañas teñen como obxectivo dinamizar o tecido comercial, fomentar o consumo de proximidade e reforzar o papel do comercio local como motor económico e social das vilas e cidades galegas. Con estas accións extraordinarias, a Xunta pon en valor o esforzo e a creatividade dos centros comerciais abertos, consolidándoos como pezas clave no desenvolvemento urbano e económico no marco do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.

roslev