Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Mercado 3R volve a Marín da man da ANPA Aidón do CEIP Sequelo
Carriola. Redacción. 13.10.25
julio@carriola.es

O vindeiro sábado 18 de outubro, en horario de 11:00 a 13:30 horas —sempre que a climatoloxía o permita— celebrarase unha nova edición do Mercado 3R, unha iniciativa promovida pola ANPA Aidón do CEIP Sequelo que busca dar unha segunda vida a obxectos en desuso e fomentar o consumo responsable. Nesta ocasión, o mercado chega un pouco máis adiantado no mes respecto a edicións anteriores, mais cunha intensa ilusión por parte da organización e participantes. A incerteza do tempo mantén a organización atenta ás previsións meteorolóxicas, aínda que, como adoitan dicir: "Se vén choiva pero ás 10 escampa, montamos." O Mercado 3R non se cancela ata o último minuto, apostando sempre por que amaine.

Os protagonistas desta actividade son, unha vez máis, os alumnos de sexto de primaria do CEIP Sequelo, que lideran o proxecto con entusiasmo. Contan tamén coa colaboración de estudantes máis novos, doutras ANPAs, centros educativos e asociacións de Marín e da súa contorna. Ademais, participan persoas interesadas na economía circular, facendo do Mercado 3R un espazo de encontro no que xoguetes, roupa, libros, enseres e outros obxectos atopan unha nova vida a prezos simbólicos.

A través da súa conta de Instagram, @mercado3rmarin, a organización compartiu avances sobre o evento e deu visibilidade a iniciativas de reciclaxe e consumo sostible que se difunden a nivel internacional. Como novidade desta edición, os participantes compuxeron unha canción na que se autodefinen como "os mellores vendedores do mundo", destacando a ilusión coa que atenden os seus postos. O Mercado 3R consolídase como unha proposta educativa e social que promove valores como a reutilización, a solidariedade e a sostibilidade. A cita está feita: Marín ten unha nova oportunidade para achegarse ao consumo consciente e á economía circular.

 
roslev