Carriola.Jonathan Carreira (*).17.10.25
A campaña “O Escaparate Estrela”, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín coa cofinanciación da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín, pechouse cun gran éxito de participación cidadá e impacto económico no comercio local.

Jonathán Carreira
A iniciativa, deseñada para promover a fidelización da clientela e visibilizar o comercio de proximidade, rexistrou máis de 1.000 tickets de compra, mobilizou máis de 70.000 € e repartiu máis de 2.000 bolsas “Comercio de Marín”.
A xornada central do sábado 11 foi un punto culminante da campaña, combinando a dinamización comercial con actividades lúdicas e culturais. Durante a xornada, preto de 300 persoas se rexistraron na app “Comercio de Marín” e os máis pequenos participaron activamente, co reparto de preto de 1.000 chapas da mascota “Estrelín”.
Actividades resenroladas
As actividades incluíron:
* Gamificación co xogo de estimación do valor do escaparate, formado por máis de 100 produtos e servizos, que resultou un éxito absoluto: a gañadora, Marta Villanueva Piñeiro, foi quen se aproximou máis, sen pasarse, ao valor real do escaparate —7.355,91 €— cun erro de só un céntimo. Cinco clientes, qudaron a menos de 100€ do prezo xusto. ·
* Obradoiros infantís e actividades de creación, deseñados para achegar ás crianzas ao mundo do comercio de proximidade. ·
* Espectáculos de maxia, musicais e performances en directo que encheron de emoción e diversión a xornada. ·
* Mini feira infantil, que permitiu á rapazada descubrir produtos e xogar coas actividades lúdicas disponibles, baseadas en xogos tradicionais.
* Presenza de creadores de contido, que se sacaron deceas de fotografías cos clientes, no photocall habilitado para tal finalidade. Como colofón da xornada, celebrouse unha gran gala, presentada por Lucía Pérez, que interpretou a canción creada especialmente para a campaña “Estrela de Marín”, un tema que destacou pola súa capacidade de unir cultura, dinamización comercial e identidade local, e que xa queda como un himno para a vila.
Importancia e relevancia do acto

A Rúa Jaime Janer convertida nun gran plató
O acto contou coa presenza de autoridades, entre elas Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, quen destacou o papel do CCA Estrela de Marín como motor de innovación e dinamización do comercio local, e de María Ramallo alcaldesa do Concello de Marín, que puxo en valor o traballo intenso do Centro Comercial Aberto, que permitiu xuntar a miles de persoas durante a xornada do sábado 11.
A Xunta de Galicia subliñou a relevancia desta campaña dentro do seu programa de apoio ao comercio de proximidade, resaltando o compromiso do tecido comercial local coa innovación, a creatividade e a súa capacidade para mobilizar á veciñanza.

Co extraordinario acerto de Marta Villanueva e a elevada participación cidadá, “O Escaparate Estrela” consolídase como unha acción exemplar de promoción do comercio local en Galicia, reforzando a súa imaxe como municipio dinámico, innovador e comprometido co comercio de proximidade.
Agradecementos
Aproveitamos, para agradecer o traballo e predisposición a colaborar no evento, tanto do servizo de electricidade do Concello como da Policía Local que permitiron que todo transcurrira sen atrancos, así como aos preto de 100 negocios participantes na campaña, que manifestaron a súa intención de participar novamente nunha campaña similar, tras analizar os datos da enquisa que se lles fixo chegar.
Seguiremos traballando a prol de acadar que o comercio local se achegue máis a un público máis novo e na dixitalización do sector, a través da aplicación “Comercio de Marín”
(*) Yonathan Carreira Figueiras é o Director Xerente Centro Comercial Aberto Estrela de Marín