Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello entende as demandas das familias do CEIP Sequelo e reforzará a presenza policial e a seguridade dos accesos

Carriola.Concello.17.10.25

julio@carriola.es 

Despois das críticas expresadas polas familias dos nenos e nenas que acuden ao CEIP Sequelo, desde o Concello a concelleira Marián Sanmartín manifesta “estar de acordo en que as obras son molestas pero tamèn moi necesarias insistindo en que desde o inicio do curso tratase de coordinar coa empresa que non haxa tráfico de maquinaria pesada nas franxas horarias de entrada e saída do alumnado 

O Concello de Marín expresou onte a súa comprensión ante as demandas das familias do alumnado do CEIP Sequelo, que están a convivir coas obras de renovación do colector do Río Lameira que está a realizar Aguas de Galicia. A concelleira

Marián Sanmartín explicou que se trata dunhas obras “moi necesarias, porque son clave para o saneamento de toda a vila, pero entendemos que xa levan dous anos de execución, sobre todo agora, que están xustamente afectando ás días entradas do centro educativo”.

Coincidencia de tres obras necesarias

Por outra banda, indica que neste momento  sumáronse outras dúas obras: unha propia do centro educativo, a de instalación dun ascensor, e outra, a da mellora enerxética do Pavillón do Sequelo, promovida polo Concelloe, ainda máis,  súmase que houbo que retirar a pasarela de madeira que unía as dúas entradas do colexio polo seu mal estado e porque a obra contempla a creación dunha nova senda peonil máis segura pola outra beira do río.

Sanartín manifestpou que Ao coincidir en tempo todo isto, a realidade é que hai dificultades, pero iranse resolvendo nos próximos meses pois nós tamén queremos que as obras avancen, pero son complexas e agora están aproveitando ao máximo que non chove para actuar no propio leito do río”.

Finalmente asegurou que Desde o Goberno local, seguiranse aplicando as mesmas medidas que se impuxeron desde o inicio de curso: máis presenza policial para garantir a seguridade dos máis pequenos e a coordinación coa empresa para que non permita o paso de maquinaria pesada nas franxas de entrada e saída do alumnado e, ademais, estase traballando con Educación para facilitar as entradas ao centro ás familias

roslev