Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Adxudicada a explotación do bar de Portocelo con un cano anual de 2.412 euros anuais con duración de cinco anos

Carriola.Redacción.24.10.25

julio@carriola.es  

O Bar de Portocelo volverá estar aberto. A licitación para a súa explotación xa se resolveu e o adxudicatario pagará un canon anual de 2.412 euros. Ao concurso presentáronse dúas ofertas sobre o canon mínimo establecido, que era de 1.059,08 euros anuais, resultando a gañadora a máis vantaxosa.

A concesión será por cinco anos, con posibilidade de prórroga doutros cinco máis e a A persoa adxudicataria poderá levar a cabo as adaptacións no local que considere e, estará obrigada a conservalo en perfecto estado.

Trátase dun establecemento de hostalaría cunha superficie de aproximadamente 311 metros cuadrados, fachada acristalada orientada cara a praia, dous accesos principais e unha ampla terraza elevada con vistas panorámicas ao mar. O espazo interior divídise nunha sala de bar de 150,3 m2 con mesas, cadeiras e barra; unha cociña de 28,7 m2 con equipamento completo e con dous almacéns e aseos masculinos e femininos accesibles.

Ademais, o local está adaptado para garantir a accesibilidade, dispón de baños adaptados e cumple cos requisitos de conservación e seguridade esixidos na normativa vixente.

roslev