Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A “Anpa Eidón” anuncia a celebración dun novo “Mercado 3r” no Parque Eguren o próximo sábado

Carriola.A.Eidón.05.12.25

julio@carriola.es   

Nesta volta siguen medrando, chegando a 33 postos cheos de enseres diversos, con novos vendedores e pequenos expertos que voltan mes a mes

Esta será  a ultima edición do ano neste formato, xa que no mes de decembro serán soamente os vendedores de sexto do ceip sequelo os que acudan coa sua aposta pola reutilizacion o minimercado nadal de Anpas da localidade. Para o que ademais están a traballar con ansia coa intencion de levar moitas sorpresas, pero o “3r”  voltará en xaneiro do 2026 co elenco o completo ao parque Eguren. 

Unha nova “R”

Na conta de instagram anuncian de cara a decembro unha nova R para sumar  as xa coñecidas de Reducir, Reutilizar e Reciclar.  A "R" de reacondicionar,  reacondicionar obxetos os que non se lles deu a oportunidade nin de ser estreados e que chegan o mercado totalmente novos, listos para agasallar e comezar a súa  rodaxe despois de ser rescatados do esquecemento en armarios e caixons, revisados e reempaquetados, pero sen perder a sua cualidade de economía circular e  sostible.

Un exercicio de concienciación 

Estes rapaces e quen os acompaña,  Asociacións  coma ResPeTa (adicada a axudar os animais abandonados), e particulares con ansia por buscar quen apadriñe as suas cousas en desuso, pero en bo estado, para non desbotalas, fan pola reciclaxe e a concienciacion,  unha labor encomiable na procura dunha sociedade mais consciente, mais  respetuosa e mais comprometida coa salvagarda do planeta.

Trátase, ademáis, de dar oportunidade a todolos petos de adquirir determinados obxetos que sin ser de primeira necesidade son moi desexados. Ir o mercado dar unha volta  e voltar a casa montado nunha bicicleta, ou cunha taza para o almorzo, unha camisa, unha mochila... xa e unha realidade para os seus, cada vez mais, clientes habituais que con curiosidade acuden  a sua cita mensual. 

Adornos para as vindeiras festas, posibles agasallos, productos do dia a día,  roupa, xoguetes,  libros, coleccionables, antigüidades, obxetos retro  e vintage... todo tera cabida nesta edición,  non vola perdades.

roslev