Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Iníciase a promoción do deporte da escalada cun curso de iniciación do “Club Aromón” co apoio do Concello

Carriola.Redacción.08.11.25

julio@carriola.es   

O Concello de Marín, en colaboración co Club AROMON, anuncia a apertura das inscricións para o Curso de Iniciación á Escalada en Rocha (Nivel E1)actividade, que se fai por primeira vez en Marín coincidindo coa preparación da zona proxima a inaugurarse

Este evento enmárcase tamén na celebración do 35º Aniversario do Club AROMON. O curso, de Nivel 1 de Escalada ("Iniciación"), segue os parámetros da Escola Galega de Alta Montaña, e ten como obxectivo que o alumno/a adquira as técnicas básicas de seguridade e progresión da escalada en rocha.

Fomentar o deporte 

A través desta iniciativa, o Concello de Marín busca fomentar o deporte de montaña e a escalada, ofrecendo unha formación de calidade e subvencionando o curso ao 100% para todos os veciños/as de Marín seguindo esta programación :

Datas e lugar

  • Xoves, 11 de decembro:Sesión teórica (de 19h a 22h) no Museo Municipal Manuel Torres.
  • Sábado, 13 de decembro e Domingo, 14 de decembro: Sesións prácticas (de 10.00h a 17.00h) na Zona de Escalada de Loira.

* Contidos: Coñecementos do material básico, nós, técnicas de descolgue, cadea dinámica de seguridade e aseguramento de primeiro de corda, entre outros.

* Profesorado: Técnicos/as do Club AROMON.

* Requisitos: Non se require experiencia deportiva previa. A idade mínima é de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar para menores).I

* Inscrición e Prezos: Veciños/as de Marín: O curso é de balde (requírese presentar DNI con enderezo en Marín ou certificado de empadroamento, etc.). Terán preferencia no listaxe de admitidos/as, e persoas de fóra de Marín terán que pagar 130€ polo curso.

As prazas están limitadas a un máximo de 12 alumnos/as (cun mínimo de 5) e cubriranse por estrita orde de inscrición. O Club AROMON disporá de todo o material deportivo necesario en caso de que o/a deportista non dispoña do seu propio.

A inscrición debe realizarse a través da web oficial de AROMON: aromon.gal.

roslev