Carriola.Consell.Vivenda.09.11.25
A Xunta someterá mañán luns a información pública o proxecto da nova senda peonil e ciclista na estrada PO-313, entre Cadro e Cadrelo, en Marín, que suporá un investimento de preto de 700.000€.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, deu conta onte deste novo itinerario que se enmarca no Plan de Sendas de Galicia. Allegue explicou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) recollerá o luns o anuncio co que se inicia este trámite de información pública co fin de ter aprobado o proxecto de xeito definitivo a principios do 2026 e licitar de seguido as obras.
Un kilómetro de senda peonil en continuidade co xa feito

Trátase dunha senda que terá unha lonxitude de case 1km e dará continuidade ás sendas xa executadas nesta estrada PO-313, desde Coirados e Pardavila ata Cadro, onde agora se continúa. Esta intervención permitirá acadar a integración territorial coa contorna e contemplará actuacións complementarias como unha parada de autobús e unha varanda en varios treitos.
María M. Allegue indicou que “Esta senda se sumará aos anteriores 5km de senda continua nesta estrada, permitindo que a veciñanza poida desprazarse paseando desde o núcleo urbano de Marín ata Cadrelo” e matizou que “O orzamento global mobilizado será dun total de 2M€”.
Lembrou que a Xunta tamén ten actuado na PO-551, que une Marín e Bueu pola costa, referíndose aos treitos de senda executados entre Vilaseca e Lapamán, ou Bagüín e Seixo.
Un plan de sendas en toda Galicia
A Conselleira apuntou tamén que “Este tipo de actuacións se impulsan ao abeiro do Plan de sendas de Galicia, que a Xunta está a estender por toda a comunidade para fomentar a mobilidade sostible do que o Goberno galego xa executou 300km de sendas e continúa traballando para seguir sumando máis treitos”. Subliñou, por outra banda que esta aposta da Xunta pola mobilidade sostible é posible grazas á colaboración de concellos como o de Marín, onde o Executivo autonómico está a impulsar outras intervencións en materia de infraestruturas e vivenda, referíndose ao Proxecto de Interese Autonómico (PIA) que se está xa a tramitar para desenvolver solo no que se poderán construír arredor de 400 vivendas, o 80% protexidas na zona das Raposeiras, nun ámbito proposto polo Concello .
Ademais puxo o acento nos Orzamentos da Xunta para o ano 2026, que dirixen á provincia de Pontevedra partidas que suman 211M€ para garantir o acceso á vivenda e para executar infraestruturas modernas, seguras e sostibles.
O Concello engadirá unha obra complementaria

A Conselleira e a alcaldesa María Ramallo engadiron a importancia que terà a obra de dotación de saneamento e abstecemento de auga na zona. “Este proxecto que será realizado polo concello permitirá achegar servicios públicos a este punto entendendo que se trata dunha necesidde moi importante e demandada polo vecindario da zona.