Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Igrexario de Santomé acollerá mañá sábado o izamento da Bandeira Galega simultaneamente con outros 22 actos

Carriola.Vía Galega.14.11.25

julio@carriola.es   

O izado de bandeira terá lugar este sábado, 15 de novembro, ás 12.00 horas no Igrexario de Santomé de Piñeiro, e contará coa actuación dos músicos locais Daniel Acuña e Víctor Gómez, ademais dun magosto popular.

A Plataforma Social Vía Galega, chama a participar masivamente no acto de izamento da bandeira galega que terá lugar o sábado 15 de novembro ás 12 do mediodía en no Igrexario de Santomé de Piñeiro. Este acto súmase a outros 22 que se celebrarán simultaneamente en distintos puntos da xeografía galega para conmemorar o 107 aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo que tivo lugar os días 17 e 18 de novembro de 1918.

Un ano máis, a Plataforma Social Vía Galega promove a iniciativa para popularizar os símbolos nacionais, nomeadamente a bandeira e o himno, este último pendente da súa restitución á versión fidedigna despois de que o PP manteña desde hai máis dun ano bloqueada a Comisión parlamentaria.

Contido do acto

O acto consistirá na lectura dun manifesto elaborado por Vía Galega para a ocasión, a musica en directo dos músicos locais Daniel Acuña e Víctor Gómez, que poñerán o acompañamento musical a unha xornada de carácter festivo e reivindicativo,  rematando co izamento da bandeira mentres se interpreta o himno galego acorde á versión orixinal. Ao remate, as persoas asistentes poderán participar nun magosto popular, pensado como espazo de encontro veciñal e de celebración do orgullo de sermos galegas e galegos.

Obxectivo da campaña

O obxectivo da campaña responde, por un lado á boa acollida que tivo nos últimos anos, mais tamén á escalada de españolización e ocultación dos nosos símbolos. Un exemplo claro vémolo no anuncio recente do desfile do día das forzas armadas en Vigo o próximo ano. Por iso, desde Vía Galega entendemos que é máis necesario ca nunca impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos representan, identifican e recoñecen como pobo e que fortalecen a nosa conciencia.

Vía Galega continuará co propósito e empeño de que todos os concellos  coloquen bandeiras galegas en lugares visíbeis e que permanezan no futuro. Pois se para todos os países os seus símbolos son importantes, para unha nación como a galega, sen estado de seu e sometida durante séculos a un proceso de total asimilación, aínda cobran maior relevancia. Son a expresión da nosa existencia como pobo e do dereito a sermos libres. Os nosos símbolos nacionais únennos  como galegos e galegas e fortalecen a nosa identidade colectiva.

roslev