Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe comenzan as “IX Xornadas de Patrimonio de San Xian” analizando o recente impacto dos incendiois forestais

Carriola.Monte Pituco.14.11.25

julio@carriola.es   

As causas que derivaron nos lumes forestais do pasado verán nos montes veciñais de Marín -7 de xullo no Pornedo e 27 de xullo en Penizas- e a situación das zonas afectadas catro meses despois centrarán as IX Xornadas Xan Montenegro de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián que, co lema "Crónica dun incendio anunciado", comezarán mañá, venres 14 de novembro, cunha charla aberta ao público no Museo Manuel Torres, a partir das 19:00 horas.

O Colectivo Monte Pituco -co apoio da Rede do Patrimonio Cultural- organiza este encontro no que intervirán o vicepresidente da Asociación pola Defensa da Ría, Benito Andrade; a xefa do Departamento de Protección Forestal do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Noela Carrera Pérez; o presidente do Instituto Galego das Terras Comunitarias, Claudio Quintillán; e o voceiro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Cándido Martínez. Este último ten denunciado, precisamente, "o exceso de biomasa combustible" nos montes da bisbarra "polo abuso dos monocultivos forestais con especies pirófitas como eucaliptos e piñeiros, ao que se lle suma unha falta xeralizada de silvicultura preventiva e de xestión da biomasa nas redes de faixas, en especial das secundarias e terciarias".

Unha visión local e xeral da situación dos montes

Os participantes neste coloquio analizarán, no plano local, a situación do monte antes e despois dos lumes, mais tamén -a nivel xeral- as perspectivas de futuro dos incendios en relación ao Plano Forestal, e mesmo experiencias encamiñadas a minimizar o impacto das lapas. As Xornadas de Patrimonio de San Xián renovan así, un ano máis, o seu compromiso coa defensa e promoción do medio natural e dos bens culturais que atesoura a parroquia: os incendios deste verán non só arrasaron algo máis de dez hectáreas no Pornedo -ou Pituco- e outras cinco hectárea en Penizas; tamén afectaron á área de protección de cautela do conxunto rupestre do Pornedo e á área de protección integral dos petróglifos de Sete Camiños.

RUTA E HOMENAXE

Ante o prognóstico de chuvias intensas para o sábado, a andaina prevista nesa xornada a partir das 10:00 horas dende a arboreda do Pornedo, posporíase para outra data cun tempo máis favorable. 

Mantense a homenaxe a Xan Montenegro, o domingo -coincidindo co Día Internacional do Patrimonio Mundial- ás 12:00 horas no Carballal, ao carón do monumento dedicado a este activista social e cultural , que presidiu a Asociación Veciñal de San Xián. Falecido en xuño de 2011, familiares, amizades e compañeiros de militancia no movemento asociativo reuniranse para honrar a súa memoria e o seu legado a prol da mellora da parroquia, do mantemento das súas tradicións e do coidado do seu patrimonio natural, histórico e etnográfico.

roslev