Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A mellora da comunicación entre “Xuncal” e “O Pazo” provocará o inicio do expediente de expropiacións do Concello

Carriola.Conc..16.11.25

julio@carriola.es   

O proxecto conectará os núcleos de Xuncal e O Pazo co cemiterio parroquial de Ardán, mellorando a seguridade viaria, a accesibilidade e a mobilidade sostible nesta zona rural do

municipio.

O Concello de Marín iniciará o expediente de expropiacións das parcelas que se vexan afectadas polo proxecto de creación dunha senda peonil na estrada do Pazo, na parroquia de Ardán, unha actuación que ten por obxectivo a mellora da seguridade viaria, a accesibilidade e a calidade de vida da veciñanza desta zona rural do municipio.

O concelleiro do Rural, Pablo Novas explicou o proxecto en ciernes durnte o Pleno desta semana manifestando que “A actuación proxectada permitirá crear un itinerario peonil seguro e accesible que conectará os núcleos de Xuncal e O Pazo co cemiterio parroquial de Ardán, resolvendo unha das principais demandas veciñais e un problema histórico de mobilidade xa que, actualmente, o acceso faise por beiravías estreitas e sen pavimento regular, o que supón un risco para o tránsito de peóns”.

Características do proxecto

Segundo Novas Caballero explicou na sesión plenaria, O proxecto contempla unha senda de 2,5 metros de ancho e preto de 730 metros de lonxitude, combinando tramos segregados do tráfico con zonas de convivencia de prioridade peonil nos núcleos habitados e tamén se actuará na rede de pluviais, coa instalación dun colector subterráneo e sumidoiros, e mellorarase o firme da estrada, os carrís de circulación e a sinalización horizontal.A intervención permitirá ademais reordenar o entorno do cemiterio, coa creación dun paso de peóns sobreelevado e a reubicación de elementos como a marquesina, contribuíndo á mellora estética e patrimonial da zona.

Novas abundou na conveniencia de contar con ese proyecto para “Estar preparados no caso de que sexa concedida a financiación solicitada á Deputación de Pontevedra, a través do Plan Extraordinario (Plan Extra), dixo.

roslev