Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Conselleiro de Educación e a alcaldesa de Marín anuncian a inmediata renovación do Colexio de Seixo

Carriola.Redacción.21.11.25

julio@carriola.es   

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o Colexio público de Seixo  para presentar o proxecto de rehabilitación do centro, no que a Xunta investirá 1,1 millóns de euros.

O Conselleiro recibido pola alcaldesa, o delegado da Xunta e profesorado do centro

Román Rodríguez explicou que a intervención forma parte do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que ten entre as súas prioridades mellorar a eficiencia enerxética dos colexios e institutos, de tal forma que sexan máis confortables para a comunidade educativa, ao tempo que son máis respectuosos co medio ambiente”.

Renovación total

Cuadro que contiene la característica de la renovación

O Conselleiro detallou que “A rehabilitación do CEIP O Seixo vai supoñer unha renovación total do colexio pois, no que atinxe ao exterior mudarase a cuberta (904m²), colocando unha de panel metálico tipo sandwich, substituiranse todas as carpinterías (182 fiestras e catro portas) por unhas novas de aluminio lacado con rotura de ponte térmica e dobre vidro e aplicarase illamento térmico tipo SATE nos 1.939 m² de fachadas.

O programa da actuación inclúe tamén melloras no interior, como o cambio da iluminación existente por 475 luminarias LED e de emerxencia, con equipos de regulación da intensidade da luz e de detección do movemento e incorpóranse falsos teitos colocando paneis fonoabsorbentes para mellorar a acústica do colexio, facendo tamén algún axustes na distribución interna do centro.

Accesibilidade

O Conselleiro referiuse tamén ás melloras na accesibilidade do centro: “A maiores -sinalou -  acometeranse melloras de accesibilidade, coa instalación dun ascensor xa que, neste momento só se pode acceder aos andares superiores do colexio a través de escaleiras, o que supón unha barreira arquitectónica.

“En definitiva - engadiu - falamos dun reacondicionamento integral deste centro, unha obra que licitaremos antes de que remate o ano para poder executala en 2026 coa previsión de que a intervención poida rematar a finais do ano que vén e que, á súa finalización, se acade un aforro do 47% en consumo de enerxía e do 50% en emisións de CO₂.

Preto de 3 M€ investidos en Marín

O Conselleiro  lembrou que o seu departamento leva invertidos en Marín preto de tres millóns de euros no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica e lembrou que “Entre as actuacións máis destacadas, acometéronse a rehabilitación integral e a instalación dun ascensor no CEIP Plurilingüe de Sequelo-Marín (1 M€ en total), o cambio de cubertas do CEIP do Carballal (500.000€), a substitución de fiestras e reparación de linteis no Instituto Chan do Monte (255.000€) e o cambio de luminarias do IES Mestre Landín (65.000€) e, esta nova intervención, forma parte do paquete de 16 obras de mellora en centros educativos para o ano 2026 que a Consellería de Educación vai licitar, por anticipado de gasto, antes de que remate o ano por un importe total de máis de 16 M€ co o que,  no conxunto do ano, o investimento da Xunta en obras en centros educativos ascenderá a un total de 73,6 M€, un 4% máis.

roslev