Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Praza “8 de Marzo” acollerá mañá unha concentración convocada a nivel galego por “Marcha Mundial das Mulleres”

Carriola.D.L.A..24.11.25

julio@carriola.es   

Este martes 25 de novembro celebrarase en Marín unha concentración pública polo Día Internacional contra a Violencia Machista, ás 20.00 horas na Praza 8 de Marzo, enmarcada nas mobilizacións convocadas en Galiza baixo o marco da Marcha Mundial das Mulleres.

Marín súmase o vindeiro martes, 25 de novembro, ás mobilizacións organizadas en Galiza con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, cunha concentración pública que terá lugar ás 20.00 horas na Praza 8 de Marzo. A convocatoria enmarcada na Marcha Mundial das Mulleres, desenvólvese baixo o lema “Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista”.

O obxectivo da mobilización é visibilizar a violencia que sofren as mulleres non só por parte dos agresores, senón tamén a través das carencias e fallos das institucións, que dificultan o acceso á protección, á xustiza e aos recursos de atención e recuperación.

A concentración de Marín forma parte dunha acción coordinada na que participan máis de vinte localidades galegas, co obxectivo de facer visible unha problemática que continúa sen resposta suficiente por parte das administracións.

Faise un chamamento á participación cidadá e a todos os colectivos sociais da vila para amosar un rexeitamento firme e unánime fronte á violencia machista en todas as súas formas.

Mobilización enmarcada na Marcha Mundial das Mulleres.

roslev