Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Centro Comercial Aberto “Estrela de Marín” asina un convenio de colaboración con Correos

Carriola.Redacción.24.11.25

julio@carriola.es   

O acordo supón un paso máis, na aposta de Estrela de Marín por ofrecer servizos de valor engadido aos establecementos asociados.

 O Centro Comercial Aberto (CCA) Estrela de Marín vén de formalizar un acordo de colaboración con Correos que permitirá aos establecementos asociados realizar envíos e recollidas de paquetes con descontos significativos sobre as tarifas estándar.

Este convenio supón un paso máis na aposta do CCA por ofrecer servizos de valor engadido ao comercio local, reforzando a competitividade dos negocios e facilitando a súa actividade diaria. A través desta colaboración, os establecementos poderán acceder a condicións vantaxosas en materia de loxística, mellorando así a súa capacidade de resposta ante clientes e provedores.

A presidenta de Estrela de Marín, Catalina Conde destacou que “Este acordo con Correos é unha mostra do compromiso do CCA Estrela de Marín por apoiar ao comercio local, ofrecendo ferramentas que reducen custos e melloran a eficiencia. Queremos que cada establecementos asociado se sinta respaldado e conte con servizos que lle permitan crecer e adaptarse ás novas demandas do mercado”,

Pola súa parte, Coreos reafirma con este convenio o seu papel como aliado estratéxico do comercio local, facilitando solucións de envío e recollida que contribúen á dinamización económica da vila.

Con esta iniciativa, o CCA Estrela de Marín continúa a consolidarse como referente na defensa dos intereses do pequeno comercio, promovendo accións que repercuten directamente en beneficios para os seus asociados e para a comunidade.

roslev