Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“As Doenzas e os Remedios na Historia de Galicia”, tema das “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro” que comenzan hoxe

 

Carriola.Redacción.24.11.25

julio@carriola.es   

Esta tarde ás 20 horas comenzará o ciclo das “XXIV Xornadas Blanco Freijeiro”, de Arte, Arqueoloxía e Historia que recorrerán ao longo de toda a semana a temática da “Doenza e Remedio na Historia de Galicia” con participación de expertos na mesma nas charlas que serán na Biblioteca Pública Vidal Pazos

A temática  das xornadas manterase nesta edición no sentido histórico pero terá unha orientación hacia a doenza e a súa curación, tratando desde unha perspectiva a través do tempo que permitirá comprender os avances da meicina e as enfermidades que tiveron que enfrontr as sociedades que nos precederon.

O evento que se desenrolará desde hoxe, día 24 ao domingo día 30, ambos inclusive, e será unha nova homenaxe de lembranza e admiración polo científico marinense Antonio Blanco Freijeiro que, nesta 24 edición, adicarase á histórica coexistencia entre a medicina oficial e a popular, que no medio rural mestura médicos, bruxas ou relixión, e,  por suposto, que a doenza debe tratarse non só no plano físico, senón tamén no mental, onde a cultura resulta clave para a valoración social do enfermo.

Inscricións

As persoas que desexen asistir a este interesante ciclo deberán facer a súa correspondente inscrición para unha mellor organización  e para elo deberàn empregar o correo electronico xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com

De calquera maneira aquelas peersoas que desexen participar tamén nas xornadas poderán inscribirse nelas ao inicio das mesmas esta tarde na propia Biblioteca Pública.

PROGRAMA COMPLETO DAS “XORNADAS BLANCO FREIJEIRO 2025”

Luns 24/11/25. Presentación. 

20:00 h. Entrega da documentación e confirmación da inscrición. 

20:30 h. Presentación e inauguración das Xornadas a cargo da Concelleira de Patrimonio Beatriz Rodríguez Gómez. 

Martes 25/11/25. 

"A vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica". 

20:00 h. Relator: Fernando Julio Ponte Hernando. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da Medicina na Facultade de Medicina da USC. Dende a medicina oficial tratará sobre unha das cuestións máis relevantes nesta disciplina: a vacinación. Nesta temática deterase nun fito da Historia da Medicina, como foi levar a principios do século XIX a vacina da varíola ao que naquel momento era a España de ultramar, nunha expedición que partiu de A Coruña. 

Mércores 26/11/25. 

"Os dous sistema de medicina popular". 

20:00 h. Relator: Xosé Ramón Mariño Ferro. Doutor de Antropoloxía Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor titular de Antropoloxía Cultural da USC ata a súa xubilación. Tratará sobre a medicina popular no rural galego, ámbito no que ata mediados do século XX funcionan tres sistemas médicos: o científico ou académico; o humoral, que curaba doenzas físicas; e o bruxeril-relixioso. 

Xoves 27/11/25. 

"O tema da loucura na filosofía moderna e o pensamento contemporáneo". 

20:00 h. Relator: Benito Arbaizar Gil. Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Ensino Secundario e Profesor Asociado no departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC. Percorrido dende o século XVII ata o presente sobre o concepto da loucura, que non é algo obxectivo e inmutable e que depende de como o conciba a sociedade en cada época. 

Venres 28/11/25.

"Arqueoloxía da saúde, enfermidade e curación en Galicia". 

20:00 h.  Relatora: Olalla López Costas. Doutora en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada. Profesora da área de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Profesora no Department of Archaeology and Classical Studies da Universidade de Estocolmo. A partires do estudo dos restos óseos de época romana e medieval é posible reconstruír o estilo de vida desas épocas, e coñecer as enfermidades que existiron nesas sociedades e os tratamentos que se aplicaron. 

21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Alcaldesa de Marín María Ramallo Vázquez. 

Domingo 30/11/25. 

"Obradoiro de plantas medicinais". Museo Municipal Manuel Torres, Avenida de Ourense 3.

11:30 h.  Relator: Francisco Javier Silva Pando. Doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Xefe do Departamento de Ecoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán ata a súa recente xubilación.   Lugar de celebración: Biblioteca Municipal "Vidal Pazos", Avenida de Ourense 6, 36900 Marín.

Información e inscrición (gratuíta): xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com www.concellodemarin.es, ainda que tamén se pode inscribir calquera persoa que non o fixera por ese medio polo e agora.

 

roslev