Carriola.Redacción.26.11.25
O Ateneo Santa Cecilia organiza e convida a todo o público á asistir á Mesa Redonda “50 ANOS DA DEMOCRACIA” que se celebrará pasado mañán, venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na sede da propia entidde ubicada na rúa do Forno, 42 – baixo.
A mesa estará moderada por Manuel Méndez Fraguas e contará coa participación de:
- Manuel Currás Meira “Meiriña”
- Guillermo Meijón Couselo
- Carmen Sangüos Espiña
Estas tres personalidades compartirán a súa experiencia persoal sobre eses anos tan cruciais e determinantes na historia recente de España, cubrindo desde a vida na ditadura franquista ata o proceso de loita pola liberdade e o establecemento do sistema democrático.
A entrada na sala onde terá lugar esta interesante mesa redonda será totalmente libre ata completar aforo.