Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Os dous sistemas de medicina popular” tema de hoxe nas Xornadas Blanco Freijeiro que se celebran na Biblioteca

Carriola.Redacción.26.11.25

julio@carriola.es   

Continúan celebrándose as “XXIV Xornadas Banco Freijeiro” na Biblioteca Pública de Marín que onte iniciaron os relatorios coa participación do doutor  

Benito Arbaizar Gil que disertou  sobre o tema de “Loucura na filosofía  moderna e o pensamento contemporáneo”, tema que foi seguido con moito interés polos participantes neste ciclo ao que lle quedan por diante outras tres conferencias e o remate do mesmo, que será un “Obradoiro de Plantas Medicinais” que terá o seu momento o próximo domingo para pechar as xornadas.

Na tarde de hoxe, a partir das oito e tamén na Biblioteca Pública, corresponderalle o turno ao relator Xosé Ramón  Mariño Ferro, doutor  en Antropoloxía Cultural pola Universidade Complutense de Madrid, que falará sobre “Os dous Sistemas de Medicina Popular”

As persoas que desexen escoitar tan interesante tema teñen, aínda que non se encontren inscritas no ciclo porpiamente dito, as portas abertas para participar como oíntes tanto nesta como nas conferencias que aínda restarán os días xoves e venres “A Vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica”, o xoves e “Arqueoloxía da Saúde; enfermidade e curación en Galicia”, o venres

roslev